Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xuño de 2024

Impartirase formación en TIC e IA no proceso de emprendemento e negocio así como marketing dixital para empresas

O Concello colabora con AJE na formación e titorización de mozos e mozas en emprendemento laboral

A alcaldesa, Inés Rey, e a presidenta da asociación, Eva Rosende, asinaron o convenio de colaboración polo que o Concello achegará 35.000 euros para o financiamento do programa ‘Propulsa!’ durante este ano

O Concello da Coruña renova o convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña (AJE) para a formación e titorización de mozos e mozas en materia de emprendemento. A alcaldesa, Inés Rey, e a presidenta da asociación, Eva Rosende, asinaron o convenio de colaboración polo que o Concello achegará 35.000 euros para o financiamento do programa 'Propulsa!' durante este ano 2024.

O programa 'Propulsa!' ten como obxectivo fortalecer o emprendemento dos mozos e mozas. Conta cunha formación de 40 horas dividida en tres bloques: 20 de formacións grupais, repartidas en 5 cursos de 4 horas cada unha; 6 horas de networking, divididas en 2 sesións de 3 horas; e 7 horas de mentorías individualizadas de acompañamento, xunto con 2 horas de titorización xeral e 5 de titorización especialista. Ademais, 50 proxectos poderán optar a unha bolsa de 350 horas de acompañamento individual. Con este convenio, o Goberno de Inés Rey apoia á mocidade, facilitando oportunidades para os mozos e mozas de desenvolver o seu proxecto laboral.

As actividades comenzarán este mesmo mes de xuño cunha formación grupal baixo o título "Propulsa o teu negocio", como introdución as outras catro sesións previstas ata o mes de decembro. O calendario é o seguinte:

  • 28 de xuño | De 10.00 a 14.00 horas | "Propulsa o teu negocio"
  • 12 de xullo | De 10.00 a 14.00 horas | "Tecnoloxía para o emprendemento"
  • 24 de setembro | De 16.00 a 20.00 horas | "Vender a túa empresa en RRSS"
  • 22 de outubro | De 16.00 a 20.00 horas | "Como potenciar o teu negocio local. Optimización con Google my Bussines"
  • 26 de novembro | De 16.00 a 20.00 horas | "Inteligencia Artificial-Chat GPT"

O obxectivo é enfocar a captación de persoas participantes en materias que poidan marcar unha diferencia para os seus proxectos, grazas ao aproveitamento das oportunidades do mercado.  En canto ao asesoramento, os horarios concretaranse entre mentores e persoas asesoradas. Poderán realizarse de forma presencial nas salas do Accede Papagaio ou en liña. A inscrición pode realizarse na web https://forms.gle/p1J391SDUUL3kzM37.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión