Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de decembro de 2024

O Concello colabora con Ecovidrio nunha campaña de reciclaxe de Nadal

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, asistiu á presentación dunha árbore feita con material reciclado

O Concello da Coruña colabora coa campaña que pon en marcha Ecovidrio para concienciar á cidadanía sobre a necesidade da reciclaxe de envases de vidro durante as celebracións de Nadal. Para iso, instalouse na Praza da Cubela unha árbore de Nadal de 4 metros de altura formado por 65 miniglús de Ecovidrio.  Ademais, hai unha caseta informativa no que educadores ambientais informarán os cidadáns sobre como separar correctamente os seus envases de vidro e os beneficios ambientais da reciclaxe. As persoas que se acheguen á caseta poderán participar en xogos e actividades cos que poderán gañar algún dos miniglús que conforman a árbore. O horario desta actividade será de 15.30 a 19.30 horas.

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, asistiu ao acto de presentación na praza da Cubela e lembrou que nestas datas de Nadal e Aninovo xéranse ata o 20% de todos os residuos de envases de vidro de todo o ano. "Recuperar e dar unha nova vida ao vidro evita que os envases vaian aos vertedoiros, aforra enerxía e as emisións de fabricar novas botellas e recipientes e contribúe á loita contra o cambio climático", explica Neira.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión