15 de junio de 2024
As obras están financiadas con fondos Next Generation e comezaron na rúa Curti
O Concello da Coruña continúa levando a cabo melloras de accesibilidade nos diferentes barrios da cidade. Nesta ocasión, comezaron os traballos para actuar en 16 paradas de autobús do servizo urbano de transportes co fin de adaptalas ás necesidades de todas as persoas.
Os traballos comezaron na parada número 508, situada no número 6 da rúa Curtis. As actuacións consistirán na ampliación da plataforma das paradas de autobús para darlle continuidade ás beirarrúas e permitir a aproximación correcta dos vehículos, de modo que poidan empregar sen dificultadas as ramplas de acceso.
Os traballos levaranse a cabo de xeito gradual e en función das necesidades e da dispoñibilidade. O prazo de execución do conxunto dos traballos será de oito meses e o orzamento é de 700.000 euros, financiados a través de fondos europeos Next Generation.
O Goberno de Inés Rey acometeu desde o 2019 traballos de mellora da accesibilidade en máis de 50 paradas de autobús, ás que haberá que sumar estas novas 16 intervencións. O compromiso do executivo municipal é garantir o acceso universal ao servizo de transportes urbanos.
As 16 paradas adaptadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible