Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de mayo de 2024

O Concello comezará o vindeiro luns as obras da estación de bombeo de augas residuais de San Roque

Trátase dunha infraestrutura de primeira necesidade na rede de abastecemento, xa que bombea arredor do 95% das augas residuais da cidade

O Concello da Coruña iniciará o vindeiro luns, 3 de xuño, as obras de mellora da estación de bombeo de augas residuais de San Roque. Trátase dunha infraestrutura de primeira necesidade na rede de abastecemento xa que a práctica totalidade das augas residuais da cidade, arredor do 95%, bombéanse nesta instalación.

Dende o Concello detectáronse algúns problemas ligados á corrosión na estación. Levouse a cabo unha campaña de ensaios para identificar as causas da deterioración das instalacións e o procedemento a seguir de cara á reparación da instalación en función da exposición ambiental, grao de danos e estado de solicitación estrutural e propuxéronse diversas zonas e actuacións a realizar.

A intervención consiste na reparación e mantemento da estrutura do teito forzado composto de formigón armado, das pasarelas metálicas peonís existentes sobre o foso, comportas de aceiro, e da propia estrutura do foso onde se recollen as augas residuais. Realizaranse co bombeo operativo, polo que os traballos terán unha gran complexidade. Ten un prazo de execución de tres meses e conta cun orzamento superior aos de 146.064,80 euros.

Coa reparación da estación de San Roque, o Concello avanza no mantemento e actualización dos servizos básicos municipais da Coruña. Dende 2019, o Goberno de Inés Rey acometeu preto de medio cento de actuacións da mellora da rede de saneamento nos barrios, actualizando a rede antiga. Destacan a primeira fase da actualización da rede de saneamento do Barrio das Flores, cun orzamento de 220.000 euros, e as diferentes intervencións no barrio da Zapateira, cun investimento total de 1,8 millóns de euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión