Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xullo de 2024

O Concello completa os traballos de mellora na pasarela peonil que dá acceso ao CHUAC e á contorna do Hospital San Rafael desde As Xubias

Saneouse de forma integral toda a superficie de paso, aplicando un sistema de acabado máis resistente ás inclemencias meteorolóxicas e ao impacto da salinidade, pola proximidade da pasarela coa costa

O Concello da Coruña completou esta semana os traballos de renovación e adaptación da pasarela peonil que dá acceso ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e á contorna do Hospital San Rafael desde o lugar das Xubias de Arriba, por riba da avenida da Pasaxe.

Os traballos, que comezaron ao longo do ano pasado, foron promovidos polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de reforzar a seguridade das e dos peóns no seu percorrido pola estrutura.

A primeira fase da intervención supuxo o seu saneamento integral, coa aplicación dun sistema de acabado que permitirá soportar a exposición aos ventos e á salinidade que, pola súa proximidade coa costa, está sometida a pasarela. Xa na segunda e última fase da actuación, rematada esta semana, acometeuse a adaptación das varandas da estrutura, substituíndo as antigas por unha nova grella de platinas verticais, soldada aos postes verticais.

A intervención, executada pola empresa Díez y Cía, forma parte das actuacións de mantemento das pasarelas peonís municipais, sufragadas anualmente polo Concello.

Avanza o plan de melloras nas pasarelas peonís da avenida da Pasaxe

A intervención executada na pasarela peonil que conecta As Xubias co CHUAC e o Hospital San Rafael dá continuidade ao plan de melloras nas infraestruturas municipais que o Concello está levando a cabo, de forma progresiva, na avenida da Pasaxe.

Cómpre lembrar que en setembro de 2023 concluíron os traballos de instalación dunha nova estrutura metálica que ampliou a superficie da pasarela que conecta o lugar de Pedralonga coa contorna do centro educativo Santa María del Mar, unha actuación coa que se mellorou a accesibilidade peonil no treito comprendido entre a senda do lugar de Pedralonga e a avenida da Pasaxe.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión