Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

17 de febreiro de 2025

A previsión do Goberno de Inés Rey é avanzar en marzo con máis actuacións nos barrios de Elviña, Monte Alto e Riazor, tamén no polígono de Agrela

O Concello conclúe os traballos de renovación do firme no Paseo Marítimo, con melloras executadas ao longo das Lagoas e de Riazor

Nos vindeiros días completarase a intervención coa posta a cota das tapas da rede de sumidoiros e o pintado da sinalización horizontal sobre a calzada

O Concello rematou os traballos de renovación no firme que se executaron nas últimas semanas na contorna das Lagoas, a estrada de Circunvalación e as avenidas de Hércules e Pedro Barrié de la Maza, intervencións que, no seu conxunto, supuxeron un investimento total de 350.000 euros.

As melloras, promovidas polo Goberno de Inés Rey ao abeiro do plan de conservación e mantemento das calzadas de titularidade municipal, completaranse nos vindeiros días coa posta a cota das tapas de sumidoiro -unha intervención que sempre se leva a cabo tras a disposición do aglomerado- e os últimos detalles correspondentes ao pintado da sinalización horizontal.

Máis espazos de estacionamento no percorrido entre a Domus e As Lagoas

Unha das medidas máis destacadas no contexto das actuacións executadas nas Lagoas foi o soterramento dos antigos raís do tranvía no percorrido entre a Domus e a estrada de Circunvalación. Ao dispor a nova capa de aglomerado sobre os raís suprimiuse un punto negro no tocante ao esvaramento de vehículos en días de choiva ou humidade.

Tras esta actuación, mantense un carril de circulación en dirección á rotonda da estrada de Circunvalación e o carril interior aproveitouse para crear unha nova bolsa de estacionamento, con prazas en liña que servirán de reforzamento ante as necesidades detectadas, por exemplo, nos usos e visitas ao Aquarium Finisterrae e á Domus.

A partir de marzo, máis actuacións en Agrela, Elviña, Monte Alto e Riazor

O calendario de intervencións planificado polo Concello nas estradas e calzadas municipais atende a factores como a urxencia das intervencións e a intensidade do tráfico rodado que soporten os espazos de actuación.

"Hai puntos da cidade onde o paso de vehículos é máis habitual no día a día e outros percorridos nos que hai fluxos de tráfico máis específicos no referente á circulación de camións de carga. Isto explica que, en ocasións, se actúe antes nuns puntos que noutros. Non obstante, o noso obxectivo é traballar cunha perspectiva de 360 graos en todos os distritos da cidade, dando resposta ás demandas veciñais", explicou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.

Neste sentido, a folla de ruta prevista polo Goberno de Inés Rey de marzo en diante inclúe melloras no firme da rotonda das Paxariñas coa rúa José Miñones, en Elviña; na rúa Severo Ochoa e o camiño do Bosque, en Agrela; a rúa San Xoán, en Monte Alto; e tamén na avenida da Habana, entre Cidade Xardín e Riazor.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible