Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de maio de 2024

O Concello conmemora este sábado 25 o Día Internacional dos Mercados con actividades de balde para todos os públicos e música en directo

A programación especial de cara á xornada terá lugar pola mañá, nos mercados de Elviña, Durmideiras, As Conchiñas, Eusebio da Guarda (praza de Lugo), San Agustín, Ramón Cabanillas e Indalecio Prieto (Monte Alto)

O Concello súmase esta fin de semana á campaña internacional 'Quere o teu mercado', unha iniciativa ideada para incentivar o consumo de produtos frescos e de proximidade, así como para poñer en valor o traballo das e dos praceiros dos mercados da Coruña para dinamizar a economía local.

Neste sentido, o Goberno de Inés Rey implícase por terceiro ano consecutivo nesta campaña, impulsando unha ampla programación de actividades de ocio para todos os públicos que terán lugar este sábado 25 de maio nos mercados de Elviña, Durmideiras, As Conchiñas, Eusebio da Guarda (praza de Lugo), San Agustín, Ramón Cabanillas e tamén no mercado provisional de Monte Alto, situado na praza Indalecio Prieto.

Ao longo da xornada, que se desenvolverá de 10.30 a 13.30 horas, haberá tempo para gozar con degustacións en Ramón Cabanillas e As Conchiñas, así como en Elviña e Indalecio Prieto. Ademais, durante a mañá tamén haberá música en directo nos mercados municipais de Elviña, Eusebio da Guarda, San Agustín e no mercado provisional de Indalecio Prieto, coas actuacións das cantantes Marian Ledesma e Aixa Romay.

A isto sumaranse propostas artísticas como a que se executará no mercado municipal de Durmideiras, onde a artista multidisciplinar Mamen Bazarra dará forma a un mural colaborativo.

A asistencia e participación nas actividades, de balde

Todas as actividades programadas polo Concello este sábado 25 nos mercados da Coruña serán de balde. Desta forma, o Goberno de Inés Rey apoia e visibiliza o traballo diario das e dos profesionais que traballan nestas instalacións, promovendo tamén a adquisición de produto local.

"Os mercados municipais son esenciais para dinamizar e revitalizar os barrios da cidade, e tamén xogan un papel fundamental á hora de dar un servizo de proximidade ás veciñas e veciños, que poden adquirir nestes espazos o mellor produto do país de forma cómoda, evitando grandes desprazamentos", apuntou hoxe a concelleira de Turismo, Comercio e Hostalaría, Diana Cabanas.

Documentos:

Actividades polo Día Internacional dos Mercados (343 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión