Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xuño de 2023

O Concello da Coruña celebra este sábado o Día Internacional dos Mercados, con espectáculos de showcooking e xogos infantís nos mercados municipais

A programación de actividades, ideadas para todos os públicos, levarase a cabo en horario de mañá nas instalacións das Conchiñas, Elviña, Monte Alto, Ramón Cabanillas, San Agustín, Eusebio da Guarda e Durmideiras

Este sábado, 3 de xuño, Día Internacional dos Mercados, os mercados municipais coruñeses abrirán as súas portas cunha programación especial de actividades lúdicas e gastronómicas.

Neste sentido, a programación levarase a cabo en horario de mañá e de forma simultánea entre as instalacións dos mercados das Conchiñas, Elviña, Monte Alto, Ramón Cabanillas, San Agustín, Eusebio da Guarda e Durmideiras.

Haberá actividades para os máis pequenos, con xogos en familia que terán lugar de 11.00 a 14.00 horas nos mercados municipais das Conchiñas e Elviña. As nenas e nenos, acompañados polos monitores e monitoras, poderán participar en diversos xogos de pistas con códigos QR nas instalacións do mercado. Levaranse, ademais, un agasallo.

En paralelo, e tamén de 11.00 a 14.00 horas, nos mercados municipais de Ramón Cabanillas, no barrio dos Mallos e de Monte Alto, haberá degustacións para os máis pequenos, presentando un tícket de compra dese mesmo día, de calquera importe, no mercado municipal de referencia.

Por outra banda, os mercados municipais de San Agustín e Eusebio da Guarda, na praza de Lugo, acollerán actividades musicais. Tamén haberá agasallos para as persoas participantes.

Por último, e xa a partir das 12.00 horas, no mercado municipal de Durmideiras haberá un espectáculo de showcooking. Os chefs do restaurante Pracer, Moncho Bargo e Javi Freire, amosarán ao público asistente a receita para elaborar un guiso vermello de peixe. As primeiras 50 persoas en chegar ao evento poderán degustalo de balde.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión