24 de abril de 2025
Celebrarase os días 2, 3, 9 e 10 de maio na primeira e segunda planta do mercado en horario de 10.00 a 14.30 h
A iniciativa, organizada co colectivo Salgadiñas, achegará unha mostra de talento feminino con pezas artesás, obradoiros e actividades de dinamización
O Concello da Coruña impulsa, a petición das praceiras, unha nova proposta para seguir transformando os mercados municipais en espazos abertos á cultura, ao comecio local e á creatividade. Os días 2, 3, 9 e 10 de maio, a primeira e segunda planda do mercado da praza de Lugo acollerán un mercadiño artístico e artesanal protagonizado por mulleres creadoras galegas, organizado en colaboración co colectivo Salgadiñas.
A actividade desenvolverase en horario de 10.00 a 14.30 horas, ofreciendo unha ampla mostra de cerámica, ilustración, xoiería, textil, velas artesanais e produtos naturais elaborados a man. Ademais dos postos de venda, incluirá un programa de obradoiros e accións de dinamización para todos os públicos.
"A praza de Lugo converterase nun escaparate do talento feminino e nun punto de encontro coa creatividade da nosa contorna", sinalou a concelleira de Mercados, Diana Cabanas, quen puxo en valor esta iniciativa como exemplo do esforzo municipal por dar nova vida aos mercados tradicionais, apoiando o pequeno comercio, o emprendemento e o consumo consciente.
O Goberno local promoveu por primeira vez esta proposta no ano 2023 como unha fórmula para potenciar os espazos municipais e ofrecer oportunidades reais ás creadoras locais, consolidando así un modelo de mercado máis dinámico, sostible e conectado coa cidade.
A celebración deste mercadiño reafirma o compromiso do Goberno de Inés Rey coa cultura de proximidade, a igualdade e a dinamización comercial dos barrios, convertendo os mercados nun motor de cohesión e identidade urbana.
A cita contará coa participación de once marcas galegas que representan unha ampla diversidade creativa: Lunazul Velas, especializada en velas artesanais ecolóxicas con esencias naturais; Antonia Studio, proxecto de deseño sostible que transforma materiais con novas vidas; Te Cielo Handmade, que ofrece bolsos e accesorios feitos a man con mimo e tecidos únicos; e Zen Tolas, cunha coidada selección de cerámica e bisutería artesanal.
Completan a mostra El Taller Muy Secreto, recoñecida polas súas pezas téxtiles decorativas cargadas de fantasía; Laboratorio Vintage, que mestura moda vintage e creatividade urbana desde o corazón da cidade; Mónica Coto, artista plástica que traballa entre o collage, a pintura e a escultura; Pasamarela, marca de complementos e roupa feitos a man con identidade atlántica; Bea C. Barros, ilustradora e creadora multidisciplinar; e Zeltia | Xoiería ao aire, que combina natureza e arte en xoias inspiradas no vento e no mar.
1 de maio de 2025
4 de abril de 2025
19 de marzo de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible