29 de abril de 2023
A instalacións de placas fotovoltaicas e xeradores eólicos na cidade evitaría a emisión de 4.010 toneladas de CO2 ao ano
O Concello da Coruña vén de elaborar un estudo de enxeñaría consolidado para a posible implantación de enerxías renovables nas infraestruturas municipais da cidade.
En total, levouse a cabo unha análise de 198 espazos, dos cales 47 foron catalogados como viables, desde o punto de visto enerxético, para a implantación de sistemas de xeración de enerxías renovables. O estudo ten como obxectivo localizar os espazos que permitan explorar as posibilidades de xeración de enerxía reducindo emisións e tamén gasto enerxético.
O estudo tamén sinala que hai outras 28 ubicacións nas que se podería actuar pero será necesario recoller máis información sobre os seus consumos propios e asociados. Este estudo ten un carácter preliminar e agora o Concello estudará en detalle os resultados e os datos analizados do consumo eléctrico coa fin de analizar a viabilidade dos enclaves.
Segundo os datos analizados, de levarse a cabo a instalación de 41 puntos de xeración de enerxías fotovoltaicas estímase que podería acadarse unha potencia eléctrica coa que se evitaría a emisión de 4.010 toneladas de CO2 ao ano, cunha potencia instalada de 1,38 MWp. Ademais, localízanse outros seis puntos que serían viables para a instalación de xeneradores de enerxía eólica, que poderían producir 15,33 MWh/ano.
Na fase inicial deste proceso estudáronse as alternativas de xeración, os recursos dispoñibles, e se calculou o potencial de xeración renovable dentro dun escenario de máximos. A continuación, calculouse a demanda e o seu reparto, axustouse o deseño á demanda prevista e realizouse un estudo económico preliminar. Só a enerxía fotovoltaica serviría para abastecer as necesidades de suministro de 122 dependencias públicas.
O estudo demostra o potencial da cidade para a instalación de sistemas de enerxía verde e alternativa. Agora estudaranse as alternativas para establecer se resultan viables en cada caso e para proxectar as accións precisas que permitan reducir os consumos e o abastecemento a base de enerxías limpas.
Puntos para a potencial instalación de sistemas de enerxías renovables
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible