20 de decembro de 2024
"Co novo modelo de xestión o servizo mellorará notablemente e poderán beneficiarse del aínda máis persoas", indicou hoxe a alcaldesa, Inés Rey
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o informe de viabilidade económica dos centros deportivos de San Diego e O Castrillón, ao que se suma a piscina de Santo Amaro. O informe de viabilidade é o primeiro paso a para a licitación conxunta dos tres recintos.
O estudo confirma a viabilidade de dita explotación. Ábrese agora un prazo dun mes de exposición pública. Transcorrido o prazo remitiranse os pregos á Oficina Nacional de Evaluación (ONE), un paso preceptivo mais non vinculante. Cando o organismo estatal emita a súa avaliación, o Concello, ao longo do ano 2025, licitará o servizo.
A licitación dos recintos, que contan con máis de 6.000 usuarios no seu conxunto, facilitará a renovación das instalacións e equipamentos en cada un deles e facilitará unha homoxeneidade do servizo, unificando tarifas e oferta deportiva.
"Tiñamos o compromiso de licitar os nosos centros deportivos e facelo da mellor maneira para que foran máis eficientes e lle deran mellor servizo aos cidadáns. Co novo modelo de xestión o servizo mellorará notablemente e poderán beneficiarse del aínda máis persoas", indicou hoxe a alcaldesa, Inés Rey.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible