20 de agosto de 2020
Segundo a alcaldesa, Inés Rey, trátase dun “acordo que valoro de forma moi positiva e que segue a senda de colaboración existente entre a Deputación e o Concello da Coruña pola promoción da cultura, o apoio a esta industria e o compromiso para a xestión conxunta deste espazo”
O Concello da Coruña, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), e a Deputación da Coruña continuarán a súa xestión conxunta do Teatro Colón.
A alcaldesa da Coruña e presidenta do IMCE, Inés Rey, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron na sede da Administración provincial este convenio a través do que ambas as institucións amplían a cooperación actual ata decembro de 2020.
A Deputación e o IMCE xestionan de forma conxunta o Teatro Colón desde o 2018, ano no que se firmou o acordo que permitiu integrar o teatro na rede pública de espazos culturais municipais.
Segundo a alcaldesa, Inés Rey, trátase dun "acordo que valoro de forma moi positiva e que segue a senda de colaboración existente entre a Deputación e o Concello da Coruña pola promoción da cultura, o apoio a esta industria e o compromiso para a xestión conxunta deste espazo".
A través deste convenio o Concello da Coruña, a través do IMCE, comprométese a contratar e aboar os gastos de persoal de xerencia do teatro, espectáculos e actividades, persoal de asistencia técnica e venda de entradas e persoal de sala, entre outros. Pola súa banda, a Deputación comprométese a facerse cargo dos servizos de mantemento das instalacións e do seu equipamento. Tamén se encargará do pago de impostos e do seguro do inmoble, que adquiriu no ano 1997.
Ao longo destes anos de colaboración ambas as administracións destacan tamén a elevada asistencia de público ao lugar. As persoas participantes nalgún dos espectáculos valoraron moi positivamente o Teatro Colón segundo indican as enquisas realizadas en colaboración coa Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible