Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de mayo de 2024

O Concello e o Banco de Alimentos Rías Altas asinan a renovación do seu convenio de colaboración

A alcaldesa, Inés Rey, asinou o acordo polo que se achegarán 50.000 euros para diferentes liñas de traballo

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou esta semana co presidente do Banco de Alimentos Rías Altas (BALRIAL), Manuel Mora, o convenio nominativo polo que se renova o apoio do Concello ao financiamento de gastos da entidade. O importe do convenio é de 50.000 euros para este ano 2024.

A alcaldesa subliñou que a colaboración entre o Concello e BALRIAL remóntase ao ano 2013. "Son máis de 10 anos de apoio a unha entidade que realiza un labor imprescindible e que é un exemplo máis da coordinación e fluidez das relacións entre o Concello e as entidades sociais, o que nos permite chegar a máis persoas e con maior eficacia", sinalou Inés Rey.

Pola súa banda, o presidente do Banco de Alimentos Rías Altas agradeceu á alcaldesa o "respaldo ao labor que realiza a entidade tanto á través do convenio como en campañas como a realizada o pasado mes de decembro, na que se colocaron caixas de recollida de alimentos destinados a Balrial nos centros cívicos".

Neste ano 2024, o Concello desde a súa Área de Benestar Social mantén convenios nominativos por un importe de máis de tres millóns de euros con entidades que traballan pola inclusión, a loita contra as adiccións, os maiores, a infancia, a discapacidade e a defensa dos dereitos e o benestar de persoas enfermas e o seu familiares.

Banco de Alimentos Rías Altas é unha organización sen ánimo de lucro que naceu en 2010 da iniciativa dun grupo de profesionais xubilados e cuxo fin é recoller alimentos para facelos chegar a colectivos vulnerables a través de distintas entidades sociais. A entidade recibe doazóns de particulares, empresas e centros educativos; xestiona alimentos procedentes de organismos da UE e organiza campañas de recollida, mercadillos, galas benéficas e outros eventos entre os que destaca a Gran Recollida que se realiza ao redor das datas do Nadal.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión