Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xuño de 2024

O Concello e o Flores Rock convocan a segunda edición da súa batalla de bandas

As dúas mellores formacións actuarán no festival, que se celebrará os días 30 e 31 de agosto

O Concello da Coruña e a Plataforma Veciñal do Barrio das Flores convocan a segunda batalla de bandas para o Flores Rock, co obxectivo de dar a oportunidade a bandas locais menos coñecidas de poder actuar como convidados no festival e de fomentar a cultura local. As bandas gañadoras actuarán no Flores Rock 2024, cuxa celebración está prevista para os días 30 e 31 de agosto.

O concurso terá lugar o 20 de xullo na Sala O Túnel e contará con dous premios, una para a banda gañadora e outro para a finalista. O segundo premio consta da gravación dun videoclip dunha canción orixinal da banda, e o primeiro premio consiste na gravación dun EP, co que a banda gañadora poderá sacar ao mercado a súa música. Ambas bandas actuarán no festival celebrado no Barrio das Flores.

As bandas que desexen participar na batalla deberán facer chegar a súa solicitude antes do 10 de xullo na dirección batallabandasfr@gmail.com. Deberán achegar dous temas orixinais en formato mp3, ogg ou ima e posuír un repertorio de directo que teña como mínimo un 70% de temas orixinais e que non sexa inferior aos 50 minutos. As bases completas e o formulario de participación atópanse na páxina web de Cultura do Concello da Coruña.

As persoas participantes deberán ser maiores de 18 anos no momento da inscrición ou deberán achegar unha autorización legal firmada polos seu pai, nai ou titor/a legal. Poden participar formacións ou solistas con estilos musicais enmarcados dentro do rock (rock'n roll, folk rock, post rock, rhythm&blues, hard rock, stoner, garage, noise, hardcore, punk-rock) e o metal (heavy, power, thrash, speed, death, grind, black, doom, gótico, industrial, nu-metal, metal alternativo).

Fases do concurso

O concurso constará de dúas fases. Na primeira, seleccionaranse un total de oito bandas logo da finalización do período de inscrición. O xurado estará composto polos organizadores do Flores Rock, quenes determinarán as bandas seleccionadas para pasar á fase final. Daranse a coñecer a través de redes sociais antes do día 13 de xullo.

A segunda será a fase final que terá lugar en directo na Sala O Túnel do Coliseum da Coruña o vindeiro 20 de xullo. As bandas seleccionadas actuarán en directo, cunha presentación de 25 minutos onde se admitirá un máximo de dúas versións de temas non orixinais.

O xurado estará composto por cinco membros que contarán cun representante do IMCE, un/ha promotor/a musical dunha sala de concertos da cidade, un representante dun estudo de grabación da cidade, un representante dunha empresa de grabación de vídeo da cidade e un representante experto designado pola organización.

Documentos:

Bases da II Batalla de Bandas do Flores Rock (191 KB)

Formulario de Inscrición (98 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión