19 de abril de 2023
Nesta edición participarán na feira final do 19 de maio en María Pita un total de 20 cooperativas de nove centros educativos
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá no Salón de Plenos de María Pita a entrega de licenzas de venda aos proxectos do programa Semente. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Educación, Jesús Celemín. No acto participaron arredor de 150 alumnos e alumnas de nove centros educativos da cidade e que conforman as 20 cooperativas que participarán no mercado que se celebrará o 19 de maio na praza de María Pita.
"Hoxe solicitades formalmente a vosa licenza e, con ela, adquirides o compromiso de amosar á cidadanía os vosos produtos. O voso esforzo e iniciativa verase entón recompensado", sinalou a rexedora durante o acto.
Centros participantes:
CEIP Concepción Arenal. 3º A: Xogos divertidos. 3º B: Creativilandia.
CPR Grande Obra de Atocha. Educación Especial: GOA & Jones. 5º A: Animal Gamers. 5º D: Primaria 51.
CPR Hijas de Jesús. 4º-1: Mundo infinito 4º-2: Mentes Curiosas. 4º-3 Deportixogos.
CEIP Manuel Murguía. 5º A: Mil e un tarros. 6º A: Murguiarxila.
CPR Montegrande. 6º A: Supermontegrande.
CPR Sagrado Corazón. 6º A: La Coru Neno. 6º B: Franciscorp. 6º C: Confishop.
CEIP San Francisco Javier. 5º A: Sementa deportes. 5º B: Ciencia y Terror. 5º C: SanMarisco.
CEIP San Pedro de Visma. 5º A: Arte Natural. 5º B: EcoCoruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible