Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de agosto de 2024

O Concello finaliza a mellora das zonas de xogos do CEIP Salgado Torres

O Goberno de Inés Rey destinará máis dun millón de euros a investimentos nos centros educativos este ano

O Concello da Coruña rematou estes días a mellora das áreas de xogos infantís do CEIP Salgado Torres, dentro do plan municipal de mellora das instalacións educativas durante os meses de verán. O Goberno de Inés Rey está a actuar en distintos centros durante estes meses sen actividade lectiva coa fin de ofrecer uns mellores servizos en distintos ámbitos o vindeiro curso.

Neste caso, no CEIP Salgado Torres renovouse o firme de caucho nas catro superficies de xogo existentes nos espazos exteriores do colexio, ao aire libre. Ditas zonas presentaban deficiencias como consecuencia da erosión e a súa exposición ás inclemencias meteorolóxicas. Por iso, desde o Concello se decidiu intervir para dar resposta ás necesidades dos alumnos e alumnas do centro.

A este respecto, con vistas á disposición das cores do pavimento da área de xogos seguíronse as recomendacións da Fundación ENKI co obxectivo de lles axudar ás crianzas a desenvolver habilidades cognitivas e sensoriais cunha perspectiva inclusiva. O Goberno municipal tamén interviu nestes meses nas áreas de xogo do CEIP San Francisco Javier, cunha actuación de similares características.

Máis dun millón de euros en investimentos en centros educativos

Os orzamentos aprobados polo Concello para este ano 2024 inclúen diversas partidas para novos investimentos nos centros educativos da Coruña. O Goberno de Inés Rey ten previsto acometer actuacións por valor de máis dun millón de euros en obras de mellora, reforma e acondicionamento nas instalacións das Escolas Infantís Municipais, colexios e centros de educación especial, entre outros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión