18 de agosto de 2024
Coa instalación destas dúas unidades, A Coruña pasará a contar con 58 aseos públicos para darlle servizo á cidadanía. Xa no pasado mes de abril, abríronse dous deles preto da Torre de Hércules e tamén na contorna das Lagoas
O Concello mellorará e ampliará proximamente a rede de servizos públicos da Coruña coa instalación de dous novos aseos autolavables na praza da Tolerancia, en Labañou, e tamén no barrio de Novo Mesoiro, unha medida que suporá un investimento de algo máis de 160.000 euros.
A alcaldesa, Inés Rey, incidiu hoxe no compromiso do Goberno municipal "para dotar a cidade e a veciñanza dos mellores servizos nos espazos públicos". No caso dos aseos, son especialmente demandados por persoas en idade avanzada e tamén por familias con crianzas. A este respecto, cómpre lembrar que antes do verán xa se habilitaron outros dous aseos autolavables no sector do paseo Marítimo próximo á Torre de Hércules e a praia das Lapas, así como na contorna das Lagoas, dous puntos onde na tempada estival hai un importante incremento de turistas.
Este tipo de aseos facilitan o mantemento e limpeza dos aseos como espazos públicos, xa que contan cun sistema de lavado automático de chan e inodoro despois de cada uso. Este sistema actívase cando a persoa usuaria do servizo sae, accionándose co peche da porta.
Actualmente, a cidade conta con 56 unidades de aseos públicos de diversos tipos (químicos, automáticos e de obra), que lle dan servizo á cidadanía que transita pola rúa. Nas vindeiras semanas pasarán a ser 58, ao licitarse o contrato de subministro destes dous novos aseos.
30 de enero de 2025
17 de enero de 2025
21 de diciembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible