11 de noviembre de 2024
A oferta inicial incluirá xogos de estratexia, cooperativos, de lóxica e moitos outros, garantindo opcións para todos os gustos
Hoxe comezan a impartirse as sesións informativas que concluirán co inicio de préstamo a partir do 21 de decembro, cun xogo en préstamo por carné
O Concello dá un novo paso na dinamización da Rede de Bibliotecas Municipais coa posta en marcha dun servizo de préstamos de xogos de mesa. A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá o plan de xogos acompañada do concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e da directora da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, Isabel Blanco, e a directora da Biblioteca do Centro Sociocultural Ágora,Cristina Ameijeiras. O plan comeza esta semana a súa primeira fase en catro bibliotecas: Ágora, Durán Loriga, Fórum Metropolitano e Os Rosales. Rey sinalou que esta é a fase inicial e que "o obxectivo é expandilo a toda a rede de bibliotecas no futuro".
O novo plan de xogos ten como obxectivo ampliar a oferta para as persoas usuarias das bibliotecas municipais ao tempo que atraer novas, especialmente mozos e mozas. Nese sentido, a alcaldesa destacou que a iniciativa súmase á posta en marcha no pasado mandato da plataforma eFilm, para visionar contido audiovisual de xeito gratuíto. "Os xogos de mesa son moito máis que un simple entretemento; representan un recurso cultural e social comparable aos libros e ao cinema" explicou a alcaldesa.
A implementación deste servizo dividirase en dúas fases: a Fase I, que se desenvolverá durante os meses de novembro e decembro, incluirá sesións de presentación e actividades de xogo en sala. Cada biblioteca contará cunha colección inicial de 123 xogos de mesa, dos cales 41 estarán dispoñibles para consulta e o seu uso no local. Esta selección abrangue xogos para todos os públicos: dende xogos familiares como 'Parchís' e 'Ubongo!', infantís como 'Times Up!' e 'El Frutal', ata xogos para mocidade e persoas adultas como 'Azul', 'Catan', 'Wingspan' e 'Fiesta de los Muertos'.
As presentacións serán realizadas por monitores especializados de Metrópolis Cómics e estarán abertas a un máximo de 16 participantes por sesión, con inscrición previa a través da web das bibliotecas.
Ademais, habilitaranse días de xogo libre nos que non será necesaria a inscrición e que permitirá que calquera persoa interesada poida participar e gozar deste novo servizo en compañía. O 21 de decembro comezará o servizo de préstamo de xogos que lle permitirá a cada persoa socia levar un xogo por carné. A oferta inicial incluirá xogos de estratexia, cooperativos, de lóxica e moitos outros, garantindo opcións para todos os gustos.
A Fase II iniciarase en xaneiro e incluirá un día fixo á semana en cada biblioteca para as sesións de xogo libre, ademais de novas actividades gratuítas programadas regularmente para consolidar a oferta. Os días de xogo libre serán o venres nas Bibliotecas Municipais do Ágora, Durán Loriga e Fórum, das 17.00 ás 20.00 horas; e os sábados na dos Rosales, das 10.30 ás 13.30 horas.
A iniciativa responde ás tendencias internacionais defendidas pola Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecas e Institucións (IFLA), que destacan a importancia de crear espazos alternativos para desconectar do estrés e redescubrir o valor dos espazos compartidos, fomentando a participación e interacción social.
CALENDARIO FASE I - POR BIBLIOTECAS
Biblioteca Ágora
Biblioteca Durán Loriga
Biblioteca Fórum Metropolitano
Biblioteca Rosales
22 de noviembre de 2024
21 de noviembre de 2024
16 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible