Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de agosto de 2024

O Concello multiplicará por vinte o IBI a Audasa trala anulación das bonificacións estatais á concesionaria da autoestrada

José Manuel Lage: “Non facemos outra cosa que aplicar a Audasa o mesmo tratamento que ela lle aplica aos usuarios da AP-9”

O Concello da Coruña subirá o Imposto de Bens Inmobles (IBI) á concesionaria da AP-9, Audasa, tras a derrogación da bonificación estatal que a catalogaba como Ben Inmoble de Características Especiais.

Ao amparo de dita catalogación, Audasa gozaba dunha rebaixa do IBI do 95% sobre a cota que lle correspondería aboar. Ao amparo do Real Decreto que pon fin a esa bonificación, o Goberno de Inés Rey tomou a decisión de anular calquera rebaixa no imposto, o que supón que a empresa aboará o 100% da taxa que lle corresponda.

Ata o momento, a empresa aboaba 1.312 euros ao ano polo Imposto de Bens Inmobles. Desde agora pasará a pagar anualmente 26.257 euros anuais. "Non facemos máis que aplicar a Audasa a mesma política que eles lles aplican aos seus usuarios e usuarias, así que terá que aboar todo o que lle corresponda e contribuír cos seus impostos a mellorar os servizos aos cidadáns", indicou o primeiro tenente de alcaldesa e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage.

Lage recordou tamén que a AP-9 sería hoxe unha autoestrada libre de peaxe se non fose pola decisión tomada no seu día polo Goberno popular de José María Aznar, que asinou unha prórroga da concesión por 25 anos, que non finaliza ata o 2048.

Lage lembrou tamén que actualmente están en vigor bonificacións para os usuarios da vía, que gozan, entre outros descontos, do traxecto de volta de balde cando os desprazamentos se producen no día. O tamén concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica destacou que ditas bonificacións non as asume a empresa, senón o Estado desde a súa aprobación no ano 2021, e que por iso o Goberno municipal considera que non ten cabida aplicar ningún tipo de bonificación fiscal á empresa, que desde o ano próximo aboará o 100% do que lle corresponde.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión