Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de septiembre de 2023

O Concello oferta máis de 80 prazas este mes en cursos de formación para persoas desempregadas

A formación con máis dispoñibilidade é Ciberseguridade, cun total de 30 prazas e un compromiso de contratación como mínimo do 25% do alumnados

O Concello da Coruña inicia o mes de setembro cunha variada oferta de cursos de formación gratuítos para persoas desempregadas. Durante as vindeiras semanas iniciaranse seis cursos de formación en diferentes materias que van dende a informática aos traballos en edificios ou locais e que suman un total de 89 prazas dispoñibles.

A formación con máis dispoñibilidade é a de Ciberseguridade, que conta cun total de 30 prazas. Comezará o vindeiro 11 de setembro e ten como data prevista de finalización da parte presencial o vindeiro 14 de outubro, posteriormente terá unha parte en liña que remtará o 30 de novebro. Consta de 253 horas de formación en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 18.00 horas. A parte presencial impartirase no Centro Municipal de Emprego dos Rosales e conta cun compromiso de inserción laboral de seis meses para un mínimo do 25% do alumnado que finalice o programa.

A oferta do módulo en ciberseguridade forma parte da aposta do Goberno de Inés Rey pola formación en novas tecnoloxías, sumándose á programación en Big Data que contou con catro edicións da formación, dúas máis das previstas pola alta demanda de solicitudes.

O vindeiro 11 de setembro comeza tamén un curso en iniciación á informática, que conta cun total de 10 prazas e 30 horas de formación. Será impartido en horario de tarde, de 15.30 a 19.30 horas no Centro Municipal de Emprego dos Rosales e ten como data prevista de finalización é o 20 de setembro. Súmaselle a formación en procesador de textos, tamén con 10 prazas dispoñibles, que comezará o vindeiro 25 de setembro. Impartirase no mesmo horario no Centor Municipal e rematará o 20 de outurbo, logo das 75 horas lectivas.

Aos cursos en informática súmanse dúas formacións en traballos manunais: traballos verticais, andamios e liñas de vida e limpreza de superficies e mobiliario en edificios e locais. Ambas dispoñen de 12 prazas e impartiranse en horario de tarde de 15.30 a 19.30 horas e de 15.30 a 20.30 horas respectivamente. O curso de traballos verticais impartirase nos Rosales mentres que o de desinfección de edificios será no Centro Formativo Praxis.

A última das accións formativas é a relativa ao grao en educación secundaria de persoas adultas. Ten un total de 15 de prazas e 800 horas de formación. Impartirase en horario de mañá, de 9.20 a 13.00 horas no Centro de Ensino Aula Nosa e ten como data de finalización o 22 de xuño do vindeiro ano.

Para a inscrición en todos os cursos cómpre solicitar información á área de orientación laboral do Concello da Coruña, a través do formulario de contacto ou entrevista, na web www.coruna.gal/emprego ou no teléfono 981 184 399 do Centro Municipal de Emprego dos Rosales.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión