Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xuño de 2024

O Concello organiza actividades para nenos e nenas nos mercados municipais nos meses de xuño e xullo

As actividades programadas buscan fomentar o consumo de produtos frescos de proximidade e promover hábitos de vida saudable

O Concello da Coruña desenvolverá actividades sobre consumo e alimentación saudable nos mercados municipais. Trátase de talleres deseñados para nenos e nenas de 6 a 12 anos co obxectivo de descubrir o valor dos mercados municipais na alimentación saudable dunha maneira lúdica e entretida. 

Estas actividades buscan fomentar o consumo de produtos frescos de tempada e proximidade, así como promover hábitos de vida saudables entre os máis pequenos. O Goberno de Inés Rey prosegue coa dinamización dos seus mercados con diferentes actividades para todas as idades co obxectivo de aportarlles un valor engadido a estes espazos de gran importancia para a sociedade.

Actividades

A proposta inclúe dous talleres diferenciados, cada un con obxectivos e dinámicas propias para enriquecer a experiencia dos participantes:

Aventura no mercado

  • Duración: 1 hora
  • Participantes: Nenos e nenas de 6 a 12 anos
  • Lugar: Diferentes mercados municipais
  • Obxectivo: Fomentar o espírito de exploración e curiosidade a través dunha procura do "tesouro" que permita aos nenos e nenas coñecer os distintos postos e produtos do mercado municipal.
  • Descrición: Os participantes percorrerán o mercado seguindo unhas pistas. En cada posto designado, deberán realizar unha pequena tarefa ata conseguir o "tesouro".

Xogo do prato saudable

  • Duración: 1 hora
  • Participantes: Nenos e nenas de 6 a 12 anos
  • Lugar: Diferentes mercados municipais
  • Obxectivo: Explicar aos nenos e nenas a importancia dunha alimentación equilibrada e os beneficios de consumir produtos frescos de tempada comprados nos mercados locais.
  • Descrición: A través dun xogo, os participantes descubrirán os alimentos esenciais para unha dieta equilibrada e a súa localización no mercado. Contarán cun gran prato baleiro que irán completando en equipo mediante entretidas probas e preguntas relacionadas cos alimentos e os hábitos de consumo.

Horarios

Cada mercado contará con dúas datas para a realización dos talleres, os cales se levarán a cabo nos seguintes horarios:

  • De 10.00 a 11.00: Aventura no mercado
  • De 11.15 a 12.15: Xogo do prato saudable

Lugares e datas

Galería de alimentación de Durmideiras - Mercado Municipal

  • Martes 25 xuño
  • Xoves 4 xullo

Mercado Municipal de Elviña

  • Mércores 26 xuño
  • Venres 5 xullo

Mercado Municipal de Eusebio da Guarda

  • Xoves 27 xuño
  • Luns 8 xullo

Mercado Municipal de Monte Alto

  • Venres 28 xuño
  • Martes 9 xullo

Mercado Municipal de Ramón Cabanillas

  • Luns 1 xullo
  • Mércores 10 xullo

Mercado Municipal de San Agustín

  • Martes 2 xullo 
  • Xoves 11 xullo

Mercado Municipal das Conchiñas

  • Mércores 3 xullo
  • Venres 12 xullo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión