11 de decembro de 2024
O prazo de inscrición está aberto ata este venres 13 ás 10.00 horas
O Concello da Coruña continúa ampliando a programación municipal do Nadal con actividades para todas as idades. Nese sentido, os mercados municipais acollerán, un ano máis, obradoiros de cociña infantil con temática de Nadal.
"O Goberno de Inés Rey sabe da importancia destas datas para os e as máis pequenas, así como da necesidade de conciliar que teñen pais e nais, polo que ofrecemos nos nosos mercados actividades durante diferentes días para que as familias gocen destas festas", indicou Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados. Os e as participantes destes obradoiros aprenderán a elaborar diferentes receitas relacionadas coa época de Nadal.
Os mercados que acollerán estes obradoiros serán os de Durmideiras (23 de decembro), Elviña (26 de decembro), Monte Alto (26 de decembro), Eusebio da Guarda (27 de decembro e 3 de xaneiro), San Agustín (27 de decembro e 3 de xaneiro), Elviña (2 de xaneiro) e Ramón Cabanillas (2 de xaneiro). Todas as sesións serán de 11.00 a 13.00 horas.
Os obradoiros son de balde e teñen un número limitado de persoas participantes. Están dirixidos a nenos e nenas de 7 a 12 anos. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, mércores 11 de decembro, ata o venres 13 ás 10.00 horas. As bases de participación atópanse na páxina web de Mercados e a inscrición farase en persoa nas conserxerías dos mercados municipais ou por correo electrónico a inscripciones@totemgestion.com. A adxudicación de prazas terá lugar os días 18 e 19 de decembro.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible