20 de marzo de 2025
Desde este venres 21, estará habilitado un formulario na páxina web municipal para facilitar a recollida das achegas e opinións da cidadanía, as entidades e as organizacións interesadas neste proceso de actualización da normativa
O Concello da Coruña someterá mañá a exposición pública a modificación da ordenanza do lixo, co obxectivo de axustala á normativa estatal, unha medida fundamental para adecuarse ás directrices medioambientais establecidas pola Unión Europea.
Neste sentido, a cidadanía, as entidades e organizacións interesadas en faceren as súas achegas ou trasladaren as súas opinións ao respecto da futura nova normativa municipal poderán formalizalas ou remitilas a través do formulario web que se habilitará este venres 21 na páxina web do Concello.
Será precisamente este venres cando comezará un prazo de 20 días hábiles -do 21 de marzo ao 21 de abril, ambos incluídos- para recoller as ditas achegas, que se terán en conta de cara á definición do proxecto da ordenanza con vistas á súa aprobación posterior.
Con esta medida, o Concello busca dar continuidade aos procesos de participación cidadá para actualizar a normativa vixente neste eido, tendo en conta a importancia de avanzar no cumprimento das pautas comunitarias en materia de separación en orixe dos residuos, a súa recollida posterior, os procesos de reciclaxe e tamén no referente á promoción dos hábitos de economía circular a nivel social.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible