4 de novembro de 2024
O Recuncho Floral, Nina Sardina e Tu flori foron os mellores locais desta edición
O Recuncho Floral, Nina Sardima, Tu flori, Forever Young Estética e La Petite Arte Floral foron os cinco establecementos gañadores, nesa orde, do concurso de escaparatismo de Samaín, organizado un ano máis polo Concello co obxectivo de fomentar o consumo entre o comercio local e conmemorar esta celebración, que cada ano vai medrando na cidade.
"O Goberno de Inés Rey busca mediante campañas como a deste Samaín dinamizar a economía local, invitando á cidadanía a participar das celebracións e acudir aos negocios participantes, que este ano superaron os cen", dixo a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas. Nesta edición do concurso de escaparatismo os cinco establecementos gañadores repártense 6.500 euros de premio. O escaparate gañador, O Recuncho Floral, acadou un premio de 2.500 euros, mentres que o segundo e o terceiro conseguiron 1.500 e 1.000 euros. Completan a lista o cuarto e quinto con 750 euros cada un.
Un xurado acudiu a cada un dos locais participantes desde o pasado 15 de outubro e valorou a decoración dos negocios de 1 a 10 puntos en base a diferentes criterios: ambientación relacionada coa festividade, orixinalidade, complexidade e proporción da montaxe e estética.
O concurso de escaparatismo de Samaín forma parte das actividades organizadas polo Concello para conmemorar esta data e que implicaron a comercio local e centros educativos. Celebráronse pararrúas, concursos de disfraces e talleres infantís durante as últimas semanas.
25 de outubro de 2024
22 de outubro de 2024
22 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible