Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de septiembre de 2024

O Concello premiará a empresas locais polas súas boas prácticas en conciliación e corresponsabilidade

A iniciativa ten como finalidade premiar o labor das empresas en favor da igualdade de oportunidades e a conciliación da vida laboral e persoal

O Concello da Coruña convoca os Premios 2024 ás Boas Prácticas das PEMES en materia de igualdade. O Goberno de Inés Rey quere deste xeito fomentar que as empresas locais implanten medidas en materia de conciliación e corresponsabilidade para os seus traballadores e traballadoras. "Con estes premios buscamos fomentar entre as empresas as medidas de conciliación e fomentar unha vida máis igualitaria", indicu a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas.

O obxectivo da convocatoria é premiar o labor das empresas en favor da igualdade de oportunidades e a conciliación da vida laboral e persoal. Estableceranse tres premios para cada unha das categorías, recoñecendo deste xeito a seis empresas. As contías distribúense da seguinte maneira:

Igualdade

  • Primeiro premio: 7.000 euros
  • Segundo premio: 5.000 euros
  • Terceiro premio: 3.000 euros

Conciliación

  • Primeiro premio: 7.000 euros
  • Segundo premio: 5.000 euros
  • Terceiro premio: 3.000 euros

As bases da convocatoria pódense consultar na web municipal, concretamente nas  Convocatorias municipales .

O prazo para presentar as solicitudes comeza o vindeieo luns 23 de setembro e rematará o venres 4 de outubro ás 23.59 horas, tal e como se recolle na publicación do Boletín Oficial da Provincia.

Poden presentaranse a través da sede electrónica municipal na seguinte ligazón.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión