Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

15 de abril de 2025

O Concello recibe os novos olmos resistentes á grafiose para reabrir San Carlos durante esta primavera

As árbores, de 8 metros de altura, plantaranse nos históricos xardíns en canto se reciba o permiso de Patrimonio

O Concello recibe hoxe os olmos resistentes á grafiose que se plantarán proximamente no xardín de San Carlos. As árbores proceden dun viveiro especializado en Van der Berk, nos Países Baixos, e son exemplares de gran porte, con ata 8 metros de altura e un calibre que oscila entre 30 e 35 centímetros.

O Concello presentou a Patrimonio o proxecto específico semanas atrás e agarda obter proximamente os permisos de dito departamento da Xunta para poder plantar os novos exemplares que, a diferenza dos que foron retirados, abatidos por unha enfermidade causada por un fungo que acabou con todas as olmedas de Europa, son dunha variedade desenvolvida precisamente para resistir a dita enfermidade.

A plantación dos novos olmos forma parte do Plan de Rehabilitación Integral dos xardíns de San Carlos que está a desenvolver o Concello. Actualmente estanse a renovar os aseos públicos nese ámbito, e estase a preparar un estudio específico sobre as necesidades de restauración da muralla de San Carlos. Ademais, durante os últimos meses fixéronse tamén sondaxes arqueolóxicas para coñecer en profundidade o patrimonio histórico coruñés. En ditas campañas apareceron restos das antigas estruturas de carácter militar existentes, ditos restos teranse en conta na nova plantación para evitar que os sistemas radiculares das árbores poidan dañalas. Por dito motivo, plantaranse finalmente nove olmos sen que isto afecte á esencia do xardín.

Ademais, nos exemplares máis achegados á muralla disporase un sistema separativo subterráneo para evitar que as raíces desas árbores poidan afectar á muralla como acontecía ata o de agora.

A plantación das novas árbores non afectará á distribución dos parterres, que quedarán tal e como foron reconfigurados no pasado mandato recuperando a súa traza orixinal. "Coa plantación poñemos as bases para a recuperación do noso xardín histórico máis antigo, por desgraza, non hai ningunha olmeda en Europa que teña resistido á grafiose, pero hoxe garantimos que as vindeiras xeracións poderán gozar dun xardín de San Carlos como moitas e moitos de nós temos gozado", indicou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.

Díaz destacou que as actuacións levadas a cabo en San Carlos coordináronse desde o primeiro momento con Patrimonio, unha coordinación con resultados positivos que garanten a conservación do espazo. Díaz confía en que nos vindeiros días o departamento da Xunta outorgue o seu preceptivo permiso para poder plantar as novas árbores. O prazo de execución de ditos traballos é dunha semana unha vez se teña a habilitación. Con ese condicionante, o Concello conta con poder reabrir os xardíns ao público durante esta primavera.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible