Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de septiembre de 2024

Restauraranse e instalaranse as dez pezas de aceiro na rotonda de Santo Amaro, cambiando a localización do Portiño para gañar visibilidade

O Concello recuperará o conxunto escultórico ‘Os lamentos das dez mulleres de Hércules’

A obra, de Carmen Senande, representa ás esposas do heroe mitolóxico e réndelle homenaxe ás mulleres vítimas de violencia de xénero

O Concello da Coruña pon en marcha a recuperación do conxunto escultórico 'Os lamentos das dez mulleres de Hércules' da artista Carmen Senande, unha das obras instaladas no Paseo Marítimo do Portiño tras a apertura no 2004.

Logo de máis dunha década exposta ao aire libre, o Goberno de Inés Rey iniciou os traballos para garanter a conservación e integridade da obra. Durante o ano 2022, o Concello levou a cabo a desmontaxe das pezas para gardalas nos talleres municipais e así protexelas, evitando un maior deterioro ou desaparición dalgunha delas, co obxectivo de recuperar a totalidade da obra de Senande.

O conxunto escultórico recolle dez esculturas de aceiro de tres metros de alto moi estilizadas, compostas por unha pletina de 3 milímetros de grosor e un tubo e un tubo de 30 milímetros de diámetro, ambos curvados e en aceiro inoxidable. Estas instálanse sobre dados de formigón insertos e parafusados ao solo.

As esculturas representa ás esposas do heroe mitolóxico, maltradadas por Hércules segundo a historia. Deste xeito, a obra réndelle homenaxe ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Co obxectivo de gañar visibilidade cidadá, o Concello mudará a localización do conxunto escultórico. De acordo coa artista, as dez esculturas instalaranse na glorieta de Santo Amaro, na confluencia do Paseo Marítimo Francisco Vázquez coa rúa Manuel García Canzobre.

A actuación conta cun orzamento de máis de 40.000 euros para a restauración, subministro e traballos de instalación na nova localización.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión