Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xullo de 2022

Por outra banda, o servizo de Mobilidade rematou, a pasada noite, os traballos para recuperar a incorporación á rolda de Nelle desde a avenida de Fisterra, facilitando así o tránsito de vehículos

O Concello redistribúe os carrís de tráfico rodado na confluencia da avenida de Oza con Catro Camiños para mellorar a accesibilidade á parada de autobús

Este tramo da avenida de Oza pasará a contar con dous carrís de subida en dirección á fonte de Catro Camiños

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, levará a cabo unha intervención para mellorar a mobilidade do tráfico de vehículos na contorna do barrio de Catro Camiños.

Neste sentido, e co obxectivo de reforzar a accesibilidade á parada de autobús localizada na confluencia entre avenida de Oza, 7, e a rúa Primavera, o servizo municipal de Mobilidade efectuará unha redistribución dos carrís de tráfico rodado neste tramo da avenida, co obxectivo de mellorar a fluidez da circulación e facilitar o tránsito do autobús.

Na actualidade, este tramo da avenida de Oza está disposto da seguinte forma: dous carrís de baixada en dirección á rúa Ramón y Cajal, que pasan a ser tres co desvío á dereita existente no cruzamento con esta mesma rúa e, por outra banda, un carril de subida cara a fonte de Catro Camiños, carril lindeiro coa parada de autobús. 

En base á remodelación prevista, este tramo da avenida de Oza pasará a contar con dous carrís de subida en dirección á fonte de Catro Camiños, así como un de baixada, que pasarían a ser dous ao manterse o desvío á dereita cara a rúa Ramón y Cajal. 

Os traballos de sinalización levaranse a cabo na noite do xoves 28 ao venres 29. A previsión do servizo municipal de Mobilidade é que comecen ás 22.30 horas e conclúan á 01.00 da mañá. 

Dúas intervencións na mesma semana para mellorar a mobilidade na cidade

A pasada noite, Mobilidade rematou os traballos de sinalización para recuperar a incorporación á rolda de Nelle desde a avenida de Fisterra, facilitando así o tránsito de vehículos.

Habilitouse, así, a posibilidade de xirar á esquerda no sentido de baixada da avenida de Fisterra, o que permite ás persoas condutoras o acceso á rolda de Nelle en dirección ao Paseo das Pontes e Riazor. En paralelo, mellorouse tamén a sinalización no carril oposto, habilitando a opción de poder xirar á esquerda aos vehículos que chegan ao cruzamento entre a avenida de Fisterra e a rolda de Nelle en sentido de subida cara a rolda de Outeiro, o que permite o desvío de vehículos cara ao sector sur da rolda de Nelle.

Desta forma, o Goberno de Inés Rey reforza o seu compromiso para garantir melloras na mobilidade na cidade. Neste sentido, a mediados do pasado mes de xuño, a Xunta de Goberno Local aprobou os expedientes de contratación para un paquete de cinco medidas orientadas a esta finalidade, cun orzamento total de 6.112.081,44 euros correspondentes a unha parte dos fondos Next Generation captados durante o vixente mandato. Esta partida impulsará, entre outras iniciativas, a disposición dun novo sistema de base tecnolóxica para garantir a seguridade vial e dos peóns, así como o correcto estacionamento nas zonas de carga e descarga na cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión