Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de agosto de 2024

O Concello reforza o servizo de recollida de emerxencia do lixo, ao que se incorporarán outros 22 operarios

Desde este luns, os equipos de Valoriza traballarán en dobre turno en horario diurno, de 7.15 a 15.15 horas, e de 15.15 a 23.15 horas

A Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento este luns do estado actual da recollida de lixo, así como das incidencias vandálicas que se están a producir.

Neste sentido, a alcaldesa informou esta mañá da posta en marcha do novo turno de limpeza a consecuencia da ampliación da emerxencia sanitaria a toda a cidade, que entrou en vigor hoxe mesmo. Outros 22 operarios de Valoriza, empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, sumáronse este luns aos 32 que xa estaban a traballar previamente. Isto supón, en termos prácticos, un reforzo do 40 % na plantilla de operarios que está a executar a recollida de emerxencia.

Desde este luns "e mentres non se normalice a situación", apuntou Rey, os equipos de Valoriza traballarán en dobre turno en horario diurno, de 7.15 a 15.15 horas, e de 15.15 a 23.15 horas. 

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na xornada de onte, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolleu un total de 70 toneladas de lixo, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 676 toneladas de lixo.

Sen incidencias por queima de contenedores

Durante a noite do domingo 4 a este luns 5 de agosto non se rexistrou ningunha incidencia por queima de contenedores.

Con todo, desde o pasado 24 de xuño, no San Xoán, o Concello contabilizou 159 contedores queimados intencionadamente nos diversos distritos da cidade, actos vandálicos que, ademais de implicar uns custos duns 400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños da Coruña.

A folga indefinida, sen traballadores secundando o paro

No oitavo día de folga indefinida, segundo confirma a concesionaria, ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que nas anteriores xornadas.

Malia non haber ningún traballador en folga, as porcentaxes de recollida seguen sendo prácticamente inexistentes nalgunhas zonas da cidade. Nesta noite non se rexistrou recollida de lixo en barrios como Matogrande e Eirís. 

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

Monte Alto: 35%

Cidade Vella: 60%

Pescaría - Centro: 100%

Os Rosales - Labañou: 10%

Estadio: 100%

Ventorrillo - Agra do Orzán: 20%

Sagrada Familia: 80%

A Sardiñeira - Elviña: 30%

Os Mallos: 35%

O Castrillón: 30%

Os Castros: 55%

Matogrande - Eirís: 0%

Mesoiro - Feáns - Valaire: 15%

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión