27 de setembro de 2024
O Goberno de Inés Rey continúa co seu plan de mellora nos barrios, apostando por gañar espazos peonís
Este venres quedaron finalizados os traballos de mellora da rúa Betanzos, no barrio do Ensanche, coa apertura ao tráfico rodado do treito entre Juan Flórez e Rosalía de Castro. Con esta actuación, o Goberno de Inés Rey continúa coa mellora dos espazos públicos, apostando pola ampliación das beirarrúas, a mellora da accesibilidade e a humanización de diferentes rúas. A actuación na rúa Betanzos contou cun investimento de máis de 300.000 euros.
O pasado luns 2 de setembro abriuse ao tráfico rodado o treito da rúa entre Francisco Mariño e a praza de Lugo. Neste espazo renováronse integralmente as beirarrúas, que se ampliaron co obxectivo de gañar espazos destinados ao tránsito peonil nunha rúa que conecta cun dos principais enclaves comerciais da cidade, o mercado municipal Eusebio da Guarda, situado na praza de Lugo. Ademais, aproveitando a ampliación dos espazos peonís, habilitouse máis mobiliario urbano para o lecer da cidadanía. Nas próximas semanas plantaranse as árbores na rúa.
Xa este venres reabriuse ao tráfico o segundo treito da intervención, entre Juan Flórez e Rosalía de Castro, logo de rematar onte coas últimas tarefas de pintado e sinalización. Neste espazo xa se levaron a cabo previamente traballos de substitución dos antigos colectores da rede de saneamento.
A nova configuración da calzada da rúa Betanzos é dun único carril de circulación, dunha anchura de 3,50 metros, para o paso de vehículos. Anteriormente tiña dous carrís de circulación no mesmo sentido, en baixada cara á praza de Lugo. Porén, co obxectivo de mellorar a accesibilidade desta rúa, onde hai unha notable afluencia peonil polo impacto comercial da praza e o mercado municipal Eusebio da Guarda, o Goberno de Inés Rey apostou por ampliar as beirarrúas, gañando un metro de ancho en cada marxe.
12 de novembro de 2024
28 de setembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible