Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xuño de 2024

O Concello renova o convenio nominativo coa Asociación Ecos do Sur para mellorar a empregabilidade dos colectivos vulnerables

A entidade recibirá 25.000 euros da área de Emprego para os seus programas de inserción laboral

A alcaldesa, Inés Rey, e a presidenta da Asociación Ecos do Sur María Lareo Fernández, asinaron no Palacio de María Pita a renovación do convenio nominativo por importe de 25.000 euros destinado ao programa para a mellora da empregabilidade de colectivos vulnerables que desenvolve a entidade.

Rey destacou que con este convenio e os demais que se articulan desde a área de Emprego, o Goberno local "traballa no ámbito das súas competencias sobre todo na inserción laboral das persoas que tuenen máis difícil acceder a un traballo e a unha vida autónoma". Este labor, engadiu, "complétase coas iniciativas que desenvolven outras áreas como Benestar Social e Igualdade nos ámbitos da inclusión e a formación".

Desde 1991, Ecos do Sur deseña e desenvolve proxectos de atención aos migrantes. Conta con sedes na Coruña e Madrid e estende as súas accións por todo ou Estado e tamén a nivel internacional.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión