Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de setembro de 2024

O Concello repartirá un milleiro de unidades da publicación ‘A gata Ágata’, que achega á rapazada os hábitos alimentarios saudables

A concelleira Diana Cabanas participou hoxe no acto de presentación da publicación, acompañada polas autoras, Adelaida Pittaluga e Ana Miranda

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, participou hoxe no acto de presentación da obra literaria 'A gata Ágata', unha publicación orientada aos máis pequenos coa que o Concello busca achegar o público familiar ás vantaxes do comercio de proximidade e dos hábitos alimenticios saudables.

Cabanas, acompañada esta mañá por Adelaida Pittaluga e Ana Miranda, autoras dos textos e ilustracións incluídas no libro, fixo fincapé na importancia de "traballar a escala interxeracional no coidado da saúde e no desenvolvemento dunha vida activa, implicando as novas xeracións, xa desde idades temperás, en aspectos fundamentais no presente e futuro da súa vida diaria".

Pola súa banda, Pittaluga e Miranda detallaron os contidos do libro, que recrea actuacións cotiás e localizacións significativas da cidade da Coruña para que a poboación infantil identifique como a través dos nosos actos podemos vivir unha vida máis saudable. Unha das localizacións ficticias é o barrio de Michimiau, onde todos os comercios contan con produtos locais de tempada e moi boa calidade. Nesta viaxe literaria de tenda en tenda, as nenas e nenos pasearán e gozarán do aire libre, coñecendo a Breixo, Centola, dona Pita e dona Perica, veciñas e veciños que lles ofrecerán produtos e servizos con moita dedicación e proximidade.

O Concello ten previsto distribuír un milleiro de unidades de 'A gata Ágata' entre a poboación infantil, a través das campañas municipais de información e divulgación, así como nas actividades das diversas unidades da Área de Mercados.

Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey busca poñer en valor o comercio de proximidade como un sector estratéxico da economía local, que non só fomenta hábitos saudables senón que tamén é un motor fundamental en termos de emprego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión