Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de agosto de 2023

Esta semana deron comezo os traballos de demolición exterior no mercado municipal, onde o Goberno de Inés Rey levará a cabo un investimento de 10,4 millóns para renovar a instalación

O Concello reubicará de forma provisional a parada de autobús da avenida de Hércules, para facilitar o avance das obras no mercado de Monte Alto

Desde este luns, a cabeceira de liña pasará a estar ubicada na rúa Alcalde Sanjurjo de Carricarte. Concretamente, na contorna do acceso ao CEIP Torre de Hércules

O Concello da Coruña, a través dos servizos municipais de Mobilidade e Infraestruturas, ten previsto executar este luns os traballos de pintado necesarios para reubicar a parada de autobús da avenida de Hércules, co obxectivo de facilitar o avance das obras de renovación que se están levando a cabo no mercado municipal de Monte Alto.

O traslado desta parada, situada no sector norte do mercado, forma parte das intervencións asociadas ás obras no perímetro exterior do mercado, que abranguen a reurbanización da súa contorna. Dado que a parada de avenida de Hércules é, ademais, cabeceira de liña e punto de agarda dos autobuses, o Centro Integral de Mobilidade estudou diversas opcións para a súa reubicación, definindo a menos gravosa para a veciñanza.

Desta forma, a cabeceira de liña trasladarase á rúa Alcalde Sanjurjo de Carricarte, nas inmediacións do acceso ao CEIP Torre de Hércules. Neste enclave, ampliarase a antiga parada de autobús ata o paso peonil ubicado á altura da escalinata da igrexa de San Xosé, para dar cabida á frota de autobuses.

En paralelo, xa se trasladou a esta localización o baño químico ubicado anteriormente na parada da avenida de Hércules, destinado ao uso dos conductores de autobús. 

Por outra banda, delimitarase unha nova parada de autobús na avenida de Hércules, entre as rúas Joaquín González, Vila de Cambre e Doutor Ferrant, no lado dereito no referente ao sentido de circulación. 

Avanzan as obras no mercado de Monte Alto, xa sometido a demolicións no exterior

A semana pasada deron comezo os traballos de demolición no exterior do mercado municipal de Monte Alto, que dan continuidade ás intervencións de derrubamento xa levadas a cabo meses atrás no interior da instalación. Nesta nova fase de demolicións exteriores, os primeiros pasos estanse a dar precisamente no sector norte do mercado, lindeiro á avenida de Hércules.

As obras de renovación do mercado de Monte Alto son unha intervención fundamental para o barrio, que gañará en servizos e calidade dos seus espazos públicos. Os traballos, adxudicados polo Goberno municipal á UTE composta polas empresas Prace Servizos e Obras e Xestión Ambiental de Contratas, teñen un prazo de execución de 26 meses e un investimento de 10,4 millóns de euros.

Neste sentido, o novo mercado incorporará melloras de eficiencia enerxética no edificio, tanto en vidros como en sistemas de calefacción, así como nos equipamentos. Inclúe, ademais, a reforma da escola infantil de Monte Alto e da praza. Actuarase tamén sobre a rúa Joaquín González, que quedará peonalizada e reurbanizada. O orzamento previsto tamén incluíu unha partida específica de 850.000 euros para crear o mercado provisional de Indalecio Prieto, xa operativo desde finais de marzo.

A urbanización exterior e a nova rúa peonil chegará case aos 500.000 euros de orzamento, mentres que os traballos na escola infantil ascenderán a 140.000 euros. O resto destinarase aos traballos relacionados co novo edificio. Ademais, está previsto plantar árbores na praza e nas beirarrúas, o que lle dará á contorna un maior atractivo para a cidadanía.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión