7 de abril de 2025
O recital será este venres 11 ás 19.00 horas e as entradas xa están á venda a un prezo de 7 euros
O Teatro Colón acollerá este venres un recital das formacións infantís e mozas da Orquestra Sinfónica de Galicia. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey daralle visibilidade á canteira desta formación nun dos principais espazos culturais municipais da cidade.
"O noso compromiso coa Orquestra Sinfónica é total e esta será unha gran oportunidade para que a cidadanía coñeza de primeira man o talento de futuro que hai na formación", apuntou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. O concerto de primavera das agrupacións da OSG leva o título de SonFuturo, o programa educativo da Sinfónica, e celebrarase este venres 11 ás 19.00 horas. As entradas xa están á venda a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense a un prezo de 7 euros (3 euros para menores de 18 anos).
No concerto participarán o Coro Infantil, o Coro Novo e a Orquestra Infantil da OSG. Á fronte das formacións estarán Sofía Rodríguez, directora do Coro Infantil, a pianista Isabel Romero, Enrique Iglesias Precedo, director do grupo Pizzicato da Orquestra Infantil, Daniel García Artés, director do Coro Novo, e Jorge Montes, director do grupo Arcos da Orquestra Infantil.
11 de abril de 2025
9 de abril de 2025
7 de abril de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible