Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xuño de 2024

O Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia atraerá á cidade a 2.500 profesionais

A alcaldesa, Inés Rey, destacou o grande impacto social e económico que teñen os eventos profesionais na Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá en María Pita o XXX Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia, que se realizará na cidade entre mañá, día 13, e o sábado 15 de xuño. Está prevista a participación de 2.500 profesionais nestas xornadas que se levarán a cabo en Palexco. Xunto á rexedora tamén estiveron presentes a presidenta da Sociedade Española de Médicos Xerales e de Familia (SEMG), Pilar Rodríguez Ledo; o presidente do comité organizador do congreso e presidente da Sociedade Galega de Médicos Xerais e de Familia, Keith Albert Foo; e a directora-xerente da SEMG en representación do comité de congresos, Sara Quintanilla Cejudo.

Baixo o lema 'Marcando o rumbo', durante os próximos tres días analizarase a actualidade desta especialidade e os grandes retos de futuro para afrontar. A alcaldesa, Inés Rey, destacou o grande impacto económico e social que xeran na cidade os grandes eventos profesionais coma este. A organización cifra en 3 millóns de euros o impacto deste congreso. "Un dos nosos obxectivos como goberno foi facer da Coruña un referente nacional na realización de congresos e penso que o estamos conseguindo con boa nota", dixo a rexedora.

As cifras do XXX Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia amosan a súa relevancia. Durante as xornadas impartiranse un total de 237 sesións a cargo de 128 persoas expertas e doce das ditas sesións poderán ser seguidas en directo por streaming, para os que hai inscritas 1.500 persoas máis. O número de comunicacións aceptadas polo comité científico ascende a 808.

Durante estes tres días realizaranse numerosas actividades científicas que abarcan diversas temáticas, mediante as que todas as persoas asistentes terán ao seu alcance sesións e relatorios de primeiro nivel que expoñerán os últimos avances nas diversas áreas do coñecemento da medicina de familia. "Esta importantísima reunión científica será unha magnífica ocasión para debater sobre as prácticas, experiencias e avances do sector cun único fin: mellorar a atención das e dos pacientes e, polo tanto, o benestar da nosa sociedade", indicou a alcaldesa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión