10 de abril de 2025
Esta mañá o Pleno aprobou os estudos de detalle necesarios para avanzar na construción doutros catro edificios no polígono urbanístico de Visma
Hoxe o Pleno aprobou os estudos de detalle correspondentes a catro parcelas do polígono urbanístico de Visma. Este trámite é necesario para emitir, posteriormente, a licenza de obra construtiva, que abrirá camiño a catro novos bloques residenciais entre os que haberá vivenda libre e tamén protexida.
Ademais, tamén no referente aos asuntos da área de Urbanismo, déuselle luz verde á aprobación definitiva do estudo de detalle no API P25.2 da Falperra, unha área sen edificar que o Concello busca reordenar co obxectivo de mellorar a accesibilidade xeral nesta parte do barrio, por onde discorre a senda viaria que conecta a cancha deportiva coa rolda de Nelle.
Tal e como detallou hoxe o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, as actuacións proxectadas xiran en torno á creación dun percorrido continuo e accesible, que iría desde a rúa Falperra ata o límite inferior do ámbito, co que se crearía un espazo público que se conecta de xeito visual co entorno. A proposta incluiría ramplas para resolver as diferenzas de nivel, con áreas de descanso entre medias.
7 de maio de 2025
2 de maio de 2025
11 de abril de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible