Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xullo de 2024

O festival desenvolverase entre a praza das Conchiñas, Pablo Iglesias, a praza de Pontevedra, o Campo da Leña e o parque de Santa Margarida

O Festival Manicómicos volve ás rúas da Coruña entre os días 19 e 21 de xullo, con nove espectáculos teatrais e circenses para todos os públicos

A agrupacións con reputación internacional como Los Galindos, procedentes de Cataluña, sumaranse artistas galegos como Ramón Gato e a compañía Teatro ó Cubo, entre outros

A Coruña acollerá entre os días 19 e 21 de xullo a 23ª edición do Festival Manicómicos, unha iniciativa cultural a pé de rúa que inclúe unha coidada programación de nove espectáculos teatrais e circenses ideados para todos os públicos.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, puxo en valor "a experiencia e percorrido" das e dos artistas que protagonizan esta edición do festival, na que haberá espazo para compañías de teatro galegas como Teatro ó Cubo, acompañados por clowns da terra como Peter Punk, o especialista en malabares Ramón Gato e o dueto galego-arxentino A Vela Circo. O festival enmárcase dentro do amplo abano de actividades culturais programadas polo Goberno de Inés Rey durante o verán.

A todos eles sumaranse, ademais, compañías chegadas de outros puntos do territorio nacional. Desde Castela e León, dous apaixonados do clown, o teatro e a educación social, como Garrapete. Tamén o estremeño Iván Alonso, artisticamente coñecido como Circoactivo, especializado en equilibrios e mastro chino, con máis de 15 anos de experiencias en máis de 15 países. Desde Asturias, J. L. Redondo, que domina disciplinas como verticais, manipulación, equilibrios, mastro chino ou bicicleta excéntrica. E desde Cataluña, un clásico do panorama circense catalán como Los Galindos, exportado internacionalmente.

Tres días de programación, cunha gala final no parque de Santa Margarida

O calendario de actividades previstas nesta 23ª edición do Festival Manicómicos arrancará motores o venres 19 deste mes, con catro espectáculos en horario de mañá e tarde. Ás 12.30 horas, na praza das Conchiñas, coa compañía de J. L. Redondo, e, xa pola tarde, haberá tres funcións máis na praza de Pablo Iglesias: Teatro ó Cubo ás 19.00 horas, Peter Punk ás 20.30 e Los Galindos ás 22.30, para pechar a xornada.

Xa o venres 20, Circoactivo abrirá o segundo día do festival na praza de Pontevedra, ás 12.30 horas. En horario de tarde, e xa no Campo da Leña como punto de encontro, Garrapete e A Vela Circo levarán a cabo outras dúas funcións abertas ao público, ás 19.00 e 20.30 horas, respectivamente.

A clausura do Festival Manicómicos terá lugar o domingo 21, no parque de Santa Margarida. Ás 12.30, na explanada exterior da Casa das Ciencias, Ramón Gato interpretará Ciencia e malabares, un espectáculo divulgativo para todos os públicos. Será a antesala da gran gala final, que comezará ás 19.00 horas no auditorio do parque, onde se celebrará por todo o alto esta edición, coa participación de artistas que pasaron polo festival e outros convidados para a ocasión. En definitiva, hora e media de diversión familiar garantida.

A información completa do Festival Manicómicos 2024 xa está dispoñible nesta ligazón

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión