Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

11 de abril de 2025

O Goberno municipal presenta ao Consello Municipal de Deportes o plan de execución do Plan Director de Instalacións e Equipamentos

O concelleiro Manuel Vázquez destacou que “a participación das agrupacións, entidades e da cidadanía en xeral será fundamental no resultado final”

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, presidiu esta tarde a sesión de control da comisión permanente do Consello Municipal de Deportes, no que está representado o tecido deportivo coruñés. Nesta xuntanza, o edil avanzou o cronograma de execución do Plan Director de Instalacións e Equipamentos Deportivos do Concello da Coruña. A redacción de dito plan foi adxudicada a Wayedra, empresa que traballou no desenvolvemento deportivo de cidades como Barcelona ou Huelva, cun orzamento de 72.000 euros.

"Con este novo Plan Director desde o Goberno de Inés Rey buscamos identificar os puntos fortes e as necesidades da nosa extensa rede de instalacións deportivas e, así, poder planificar durante os vindeiros anos as actuacións máis necesarias para a cidadanía", sinalou Manuel Vázquez durante a xuntanza. O Concello consultará para a elaboración deste plan a clubs, técnicos, asociacións, federacións, deportistas e cidadanía en xeral.

O obxectivo será dar resposta aos déficits que poidan existir en equipamentos deportivos de titularidade municipal e planificar e programar de forma óptima as actuacións a levar a cabo para que "calquera coruñés ou coruñesa e cada barrio da cidade dispoña dunhas instalacións básicas para o desenvolvemento deportivo", indicou Vázquez. Tamén analizará as posibilidades de mellora das Escolas Deportivas Municipais e os seus eventos e actividades anuais. 

A elaboración do Plan Director contempla a participación activa da cidadanía en xeral e das asociacións, federacións deportivas e deportistas en particular. Ao longo dos vindeiros meses estableceranse diferentes encontros con colectivos veciñais e deportistas para recoller as súas impresións e suxestión e, así, incorporalas ao Plan Director. Tamén se creará unha plataforma dixital que permitirá a recollida de datos de maneira telemática.

Na sesión quedou constituida a comisión permanente e crearonse os grupos de traballo específicos. Manuel Vázquez puxo ó día do traballo da concellería no relativo a convenios nominativos que empezarán a firmarse nas vindeiras semanas, subvencións, becas, eventos deportivos e inversión en instalacións deportivas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible