25 de xuño de 2024
Actuarán no auditorio do Centro Sociocultural Ágora e as entradas xa están á venda
Facu Díaz e Miguel Maldonado actuarán o vindeiro 16 de novembro no auditorio do Centro Sociocultural Ágora co seu espectáculo 'Por fin juntos'. O Goberno de Inés Rey prosegue coa súa estratexia de levar aos diferentes recintos municipais actuacións humorísticas de gran relevancia nacional. O Ágora xa acolleu a outros referentes como David Suárez ou Pablo Meixe.
Nesta ocasión, actuarán dous dos humoristas novos máis recoñecidos, con experiencia en televisión e radio. Con 'Por fin juntos' Miguel Maldonado e Facu Díaz repasan os seus dez anos compartindo escenario, cun espectáculo no que non faltará a súa satírica visión da actualidade política e social.
As entradas para o espectáculo xa están á venda a través da plataforma Ataquilla. A actuación comezará ás 20.00 horas e ten unha duración de 90 minutos. O Concello continúa promovendo o humor dentro da súa programación cultural, sendo A Coruña un referente por iniciativas como o Encontro Mundial de Humoristas, no que xa participaron Facu Díaz e Miguel Maldonado en pasadas edicións.
11 de xullo de 2024
9 de xullo de 2024
7 de xullo de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible