Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de noviembre de 2024

O mercado municipal de San Agustín abriu hoxe as súas portas a unha nova xornada de divulgación gastronómica impulsada pola FREMSS e o Concello

A concelleira Diana Cabanas participou nos actos programados ao longo desta mañá, nos que se presentou o selo de orixe ‘Peixe da Lonxa da Coruña’

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, participou hoxe na xornada gastronómica e divulgativa organizada pola FREMSS no mercado municipal de San Agustín, unha iniciativa que contou coa colaboración do Concello.

Máis de duascentas persoas asistiron aos actos programados este sábado ao mediodía, que comezaron cunha presentación do selo de orixe 'Peixe da Lonxa da Coruña', distintivo a través do cal, desde hai tres anos, a FREMSS e o Concello traballan de forma conxunta "para visibilizar e poñer en valor o noso producto, fresco e de cercanía, e tamén ás e aos profesionais dos nosos peiraos e da lonxa da Coruña", expuxo Cabanas.

A concelleira, acompañada hoxe polo presidente da Lonxa da Coruña, Juan Carlos Corrás, recalcou a importancia de "apostar polo producto da nosa terra, visibilizando o que chega á nosa lonxa e apostando pola súa compra e consumo nos nosos fogares".

A xornada rematou cunha sesión de degustación gastronómica organizada polo equipo de profesionais da Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro e da Asociación de Empresarios de Hostalería da Coruña. As persoas asistentes disfrutaron, por exemplo, de rilletes de xarda sobre tostas de pan de noces e pasas, así como de uramaki, maki e temaris de xurelo.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión