Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de noviembre de 2024

O Morriña Fest 2025 celebrarase na Coruña os días 25 e 26 de xullo

Proximamente anunciaranse os primeiros artistas e a saída a venda dos abonos

O Morriña Fest continuará un ano máis celebrándose na Coruña coa súa quinta edición, para a cal xa hai datas confirmadas. O festival celebrarase os días 25 e 26 de xullo de 2025. Proximamente anunciaranse os primeiros artistas e a saída a venda dos abonos.

O Goberno de Inés Rey promove este evento musical, un dos máis importantes de Galicia e do noroeste. "Os últimos tres anos quedou demostrado que o Morriña atrae a moita xente e é xa un dos eventos máis esperados do ano na cidade, e como non podía ser doutro xeito desde o Concello seguiremos colaborando coa organización nun evento que beneficia a toda a cidade", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Na edición deste 2024 máis de 40.000 persoas asistiron ao festival, celebrado no Porto da Coruña. O evento significou tamén a apertura dos peiraos á celebración de grandes concertos e actividades culturais, algo que xa é habitual durante o período estival.

Artistas como Rels B, Aitana, Duki, Crystal Fighters, Black Eyed Peas ou Nicky Jam actuaron no festival nestes tres anos que se leva celebrando na cidade. O Morriña Fest supón, á vez que un referente musical, un gran activo turístico e económico, cun importante retorno económico para sectores como o hostaleiro ou hoteleiro.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión