Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de octubre de 2024

O parque Europa contará cunha nova área biosaudable nas inmediacións da pista de baloncesto

Os traballos comezarán ao longo do mes de novembro e prolongaranse, aproximadamente, durante un mes. Recentemente, o Goberno de Inés Rey xa creou un espazo deste tipo no barrio de Monte Alto e ampliou o de Palavea

Nas vindeiras semanas o Concello acometerá os traballos de construción dunha nova área biosaudable no parque Europa, un espazo que lle permitirá ás e aos usuarios a práctica diaria de exercicio ao aire libre.

A localización da área biosaudable xa está definida pola Concellaría de Infraestruturas e Mobilidade, que ten previsto aproveitar o espazo sueste do parque, a carón da pista de baloncesto, para delimitar tres zonas individuais onde se habilitarán os novos equipamentos deportivos, orientados á tonificación muscular, flexibilidade, mobilidade articular e control postural. Haberá bicicletas de elíptica e máquinas de dominadas e press sentado, por exemplo.

Desta forma, darase uso a unha superficie de 140 metros cadrados que contará, ademais, cun firme de caucho, para reforzar a seguridade das e dos usuarios.

"Seguimos apostando por darlle resposta ás necesidades da veciñanza aproveitando espazos públicos que, nalgúns casos, estaban infrautilizados. No caso do parque Europa, a nova área biosaudable estará instalada nunha localización que xa é de uso habitual para o lecer das e dos usuarios. Agora, darémoslle un impulso promovendo o exercicio físico e o envellecemento activo nestas instalacións, que habitualmente empregan persoas en idade máis avanzada", indicou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.

A previsión do Concello é que os traballos se executen no prazo dun mes, desde a súa posta en marcha, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

Avances na mellora das infraestruturas deportivas ao aire libre

Nos últimos meses, o Goberno de Inés Rey está a dar un pulo ao plan de mellora das infraestruturas deportivas ao aire libre, que se está a executar baixo dúas liñas de traballo: a primeira, crear novos espazos alí onde hai solicitudes veciñais ao respecto, como foi o caso da praza do Parque, entre Orillamar e Monte Alto, e a ampliación dos circuítos xa existentes, que exemplifica a recente reapertura da área biosaudable lindeira ao centro cívico de Palavea, renovado e que cuadruplicou a súa superficie, con máis elementos de exercicio.

A isto súmase, ademais, o avance na tramitación das obras de mellora previstas no campo de fútbol Víctor Fernández Alonso e a Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias, así como no referente ás novas pistas multideporte dos Rosales e A Silva, que saíron a licitación despois do verán.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión