Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de maio de 2024

O Planetario da Casa das Ciencias estrea este venres o programa ‘Biosfera oscura’, unha viaxe audiovisual desde o interior da Terra ata os confíns da nosa galaxia

‘Biosfera oscura’, dirixida por Javier Bollaín e que conta coa voz de Viggo Mortensen como narrador, incorpórase á carteleira do Planetario na previa do aniversario da apertura da Casa das Ciencias, que será este sábado 1 de xuño

A Casa das Ciencias, da rede municipal de Museos Científicos Coruñeses, presenta este venres 31 (18.00 horas) un novo programa no Planetario, Biosfera oscura, un audiovisual que achegará o público asistente ás profundidades da cortiza terrestre para coñecer as formas de vida máis extremas do planeta.

A historia levará as e aos visitantes ás fronteiras do coñecemento nunha viaxe desde o interior da Terra ata os confíns da nosa galaxia, en busca de respostas á gran pregunta: hai vida máis aló do noso planeta?

Biosfera oscura está dirixida por Javier Bollaín e conta coa voz de Viggo Mortensen como narrador. Para o desenvolvemento do programa contouse coa participación técnica da Casa das Ciencias e os planetarios de Madrid, Pamplona e Douai (Francia). Ademais, participaron o Parque de las Ciencias de Granada, o Museo de la Ciencia Cosmocaixa (Barcelona) e a Casa de la Ciencia de Sevilla.

O programa conta coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación a través da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e o apoio de prestixiosas institucións como o Centro de Astrobioloxía (CAB, CSIC-INTA), a Axencia Europea do Espazo (ESA), o Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC) e o Instituto de Astrobioloxía Europeo (EAI), e forma parte do amplo abano de actividades culturais e formativas impulsadas polo Goberno de Inés Rey desde a rede de museos municipais.

Este sábado 1 de xuño, aniversario da apertura da Casa das Ciencias

A partir deste sábado 1 de xuño, coincidindo co aniversario da apertura da Casa das Ciencias (1 de xuño de 1985), Biosfera oscura incorpórase á carteleira do Planetario, que terá a seguinte programación:

  • 11.30 horas: Biosfera oscura (castelán)
  • 13.00 horas: Dinosauros, unha historia de supervivencia (galego)
  • 17.00 horas: Hazelnuts, na procura do planeta perfecto (galego)
  • 18.00 horas: Programa en directo sobre o ceo desta época do ano

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión