26 de marzo de 2018
A Tenda de Antón é un espazo de actividade situado no Mercado Municipal de Monte Alto. O seu obxectivo é que os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Monte Alto e doutras escolas infantís da rede municipal coñezan os mercados, aprendan xogando e se relacionen con vendedores e compradores.
Neste novo vídeo móstrase como é esta actividade, ao son do tema "O posto de Antón", de Lois Seixo: https://www.youtube.com/watch?v=cEXLt4XjgNI
A visita á tenda de Antón é unha parte fundamental do "Proxecto mercados" que se desenvolve na EIM Monte Alto. Os nenos e nenas do grupo de 2-3 anos acoden a partir do segundo trimestre do curso.
Este ano visitan a tenda 14 centros escolares a través do programa municipal Educa Coruña. Numerosos centros intercambian as súas experiencias coa escola ao finalizar a visita e participan co grupo de maiores (2-3 anos) dun pequeno encontro dentro da escola.
Este proxecto acadou un recoñecemento no 2016 por Unicef, por ser unha boa práctica para a infancia.
Mercado Municipal de Monte Alto. Rúa Forcarei s/n. 15002 A Coruña
19 de outubro de 2024
18 de outubro de 2024
14 de setembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible