Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xullo de 2024

O servizo de emerxencia para a recollida de lixo xa retirou 125 toneladas de residuos das rúas da Coruña

Este sábado reuniuse novamente a Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria para analizar a evolución do estado actual da recollida de lixo

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento este sábado do estado actual da recollida de lixo, dos actos vandálicos que se están a producir e do funcionamento da empresa de emerxencia contratada para reforzar a recollida do lixo, que acometeu onte a súa segunda xornada de traballos.

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na súa segunda xornada a pé de rúa, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolliu un total de 70 toneladas de lixo, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 125 toneladas de lixo, atendendo ao cómputo total correspondente ao xoves e o venres desta semana.

Balance de incidencias no turno de noite

No pasado turno de noite rexistráronse un total de seis incidencias asociadas á queima de contenedores.

Neste sentido, o servizo municipal de Bombeiros notificou intervencións en colectores situados na rúa Marconi, a travesía de San José, a rúa da Torre -neste caso, cunha árbore afectada-, a rúa Antón Vilar Ponte e Rafael Dieste.

Ademais, tamén se contabilizou outro contenedor afectado no Callejón García, no barrio de Monte Alto, mais sen que fose precisa a intervención dos Bombeiros.

Ningún traballador da empresa concesionaria secundou a folga

Ao igual que na xornada anterior, onte estaba convocada unha nova xornada de folga no servizo de recollida de lixo. Segundo a concesionaria, ningún traballador secundou a folga. Malia todo, as porcentaxes recollidas polos operarios da concesionaria foron, novamente, moi baixas. 

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

Monte Alto: 10%

Cidade Vella: 15%

Pescaría - Centro: 100%

Os Rosales - Labañou: 5%

Estadio: 65%

Ventorrillo - Agra do Orzán: 65%

Sagrada Familia: 15%

A Sardiñeira - Elviña: 20%

Os Mallos: 90%

O Castrillón: 10%

Os Castros: 10%

Matogrande - Eirís: 10%

Mesoiro - Feáns - Valaire: 45%

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión