7 de xullo de 2020
Póñense en marcha novos itinerarios formativos en sectores profesionais como socorrismo acuático, atención sociosanitaria, hostalaría, oficinas, informática etc.
O Proxecto Coruña Suma, desenvolto polo Servizo Municipal de Emprego do Concello da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, reiniciou a formación presencial no mes de xullo.
Póñense en marcha novos itinerarios formativos en sectores profesionais como socorrismo acuático, atención sociosanitaria, hostalaría, oficinas, informática etc. Toda a formación impartida a través de Coruña Suma conta con teoría e prácticas en empresas.
Os itinerarios que comezaron esta semana son:
• Socorrismo en instalacións acuáticas
• Servizo Básico de Restaurante-Bar
• Elaboración culinaria básica
• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
• Técnicas de recepción e comunicación
• Programación orientada a obxectos con Java
• Xestión comercial de clientela con novas tecnoloxías
Desde o Servicio Municipal de Emprego informan de que aínda quedan prazas libres. Deste xeito, todas aquelas persoas que se encontren en situación de desemprego e estean interesadas en formarse deben chamar ao Centro Municipal de Emprego dos Rosales, teléfono 981 184 399, ou enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: coruna.suma@coruna.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible