Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de novembro de 2024

O Teatro Colón acollerá a vindeira semana o evento Coruña Comunica Ciencia, con importantes divulgadores

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou a programación, que complementa os actos da Semana da Ciencia

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá o evento Coruña Comunica Ciencia. Trátase dunhas xornadas de divulgación científica que exploran formatos de comunicación compatibles cun espazo teatral. Este evento desenvolverase entre os días 13, 14 e 15 de novembro no Teatro Colón, coincidindo co resto de actos programados da Semana da Ciencia.

"O Goberno de Inés Rey busca seguir impulsando o coñecemento científico e complementa deste xeito as actividades xa anunciadas da Semana da Ciencia. A nosa é unha cidade á vangarda na difusión do coñecemento e durante a semana que vén daremos un paso máis con este encontro", apuntou Gonzalo Castro. Na presentación tamén participaron David Ballesteros, director do evento, e Patricia Barciela, comunicadora científica e directora da Domus. Durante tres días importantes divulgadores científicos pasarán polo Teatro Colón.

Cada xornada terá tres bloques de actividades, as mañás para público escolar e as tardes e noites para público familiar e adulto. Este proxecto está organizado pola entidade Ceo Aberto e conta co apoio do Concello da Coruña e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

As entradas xa están á venda a un prezo de 2,95 euros. Ademais, están convidados aos diferentes actos colectivos, entre os que xa confirmaron algúns como a Federación Galega de Enfermidades Raras. Castro animou a cidadanía a asistir a este evento, que "reivindica a importancia de comprender e aprender a ciencia e as súas vertentes a calquera idade". Toda a información do evento pode atoparse na páxina web: www.coruñacomunicaciencia.es

Programación completa

Mañás: actividades para escolares

  • Mércores. Ciberseguridade. Kike Fontán, experto en ciberserguridade dará unha charla sobre os riscos derivados do mundo dixital
  • Xoves. Cinema e Ciencia. Patricia Barciela, directora de Domus, realizará unha charla científica tras o visionado da película de Pixar "Elemental"
  • Venres. As inmortais Iria Oleiro e David Ballesteros levarán a cabo un show científico centrado na importancia das  científicas na historia da Ciencia.

Tardes. Cada tarde, teremos actividades con diferentes formatos e contidos.

  • Mércoles
    • Espectáculo teatral  "Halley". Obra gañadora do festival de teatro científico D'Ensaio.
    • Intervención de Estibaliz Espinosa, cantante e poetisa, que combina na súa obra arte e ciencia.
  • Xoves.
    • Microcharlas cos neurocientfícios Xurxo Mariño e Castro Rivadulla, a divulgadora Laura Veiga, a experta en neurociencia Tamara Pazos e a divulgadora Deborah Ciencia. Todos os comunicadores do bloque son galegos.
  • Venres.
    • Gravación do programa de Radio Efervescencia
    • Charla de Quantum Fracture "De físico a youtuber". Jose Luis Crespo e un dos divulgadores do noso país con máis seguidores, ten máis de 5.000.000 de seguidores se sumamos youtube + RRSS.

Noites. Nas noites, temos contidos innovadores, que exploran novos formatos.

  • Mércores
    • "SensoGenoma: Cando a claves está nos noxos xenes. O doutor Antonio Salas, ca colaboración do pianista Juanjo Fernández achegará ao público a investigación Sensegenoma, que investiga cómo os xenes responden a estímulos externo e explota o seu potencial terapéutico.
    • Obra teatral "A chispa máxica". Unha sitcom diferente, en torno a Ciencia creada por o divulgador Manuel Vicente, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández
  • Xoves.
    • Charla de Xurxo Ayán. "Arqueólogo? Ay, qué bonito".  Unha aproximación a arqueoloxía da man do gran comunicador que é Xurxo.
    • Diálogo híbrido. A sexóloga Laura Morán e a periodista Eva Vázquez falarán sobre a sexualidade humana, establecendo una conversa directa co público asistente.
  • Venres.
    • Concerto de Germán Díaz e Benxamín Otero. Presentarán a súa obra "Fonematología". Un espectáculo que ofrece un fascinante percorrido pola historia da música mecánica e a súa profunda conexión co desenvolvemento científico e tecnolóxico, desde as primeiras polifonías europeas ata a música contemporánea.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión