Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de diciembre de 2024

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través do XX Concurso Picadillo

O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade de ‘Tapa Creativa’ e cinco na de ‘Receitario Picadillo’

A XX edición do Concurso de Tapas Picadillo, promovido polo Concello da Coruña coa colaboración de Estrella Galicia, Cash Record e a Asociación de Celíacos de Galicia, xa ten finalistas. O xurado profesional seleccionou as creacións de oito dun total de 44 establecementos de hostalería da Coruña que optaban á mellor tapa da cidade. En total, 52 propostas gastronómicas das que se seleccionaron 10 como propostas de tapas finalistas, escollidas por persoas expertas do sector da gastronomía: cinco na modalidade 'Tapa Creativa' e cinco na de 'Receitario Picadillo'.

Na primeira categoría, os locais e tapas seleccionadas son: MALTE Atochas cun 'Falso risotto de chacina, berberecho e crema de foie-gras'; a Taberna Triay coa tapa 'Triay Wonka'; o restaurante Intenso cos 'Ovos recheos Galicia-Japón'; AMA Italiana Contemporánea cun 'Ravioli recheo de ceboleiro e dátil' e o restaurante La Conquista coa tapa 'Falso xeado de cebiche'.

Na modalidade 'Receitario Picadillo' sobresaíron La Sifonería Gastrobar co seu 'Polo en pepitoria'; MALTE Atochas coa súa proposta 'Chapata de orella de porco con chutney de tomate picante'; Taberna Triay co 'Buñuelo "a la vista"; MALTE Galera e o seu 'Korokke galego' e o Bar Quintela coa tapa 'Orella crunchi'. Malte Atochas e Taberna Triay contan con dúas tapas finalistas ao participar en ambas as dúas modalidades. As tapas gañadoras daranse a coñecer na entrega de premios que terá lugar o vindeiro 13 de decembro.

Picadillo é o concurso de tapas máis antigo de Galicia. Este ano chega á súa vintena edición, coindicindo co 150 aniversario do nacemento de Manuel María Puga y Parga 'Picadillo', escritor, gastrónomo e político que escribiu en 1905 'La cocina práctica'. O Goberno de Inés Rey apoia a iniciativa como reforzo do posicionamento da Coruña como destino gastronómico.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión