Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de marzo de 2024

Aumentouse nun 10% o tempo en actividades de prevención, con 427 horas máis destinadas á materia e máis do dobre de simulacros programados

Os Bombeiros da Coruña chegaron en 10 minutos ou menos a tres de cada cinco intervencións de urxencia

Foron un total de 395 as intervencións atendidas nese tempo respecto ás 554 totais, das cales 2 de cada 5 foron en 7 minutos ou menos

A concelleira de Atención e Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, presentou esta mañá no Palacio de María Pita a Memoria 2023 dos Bombeiros da Coruña na que se detallas as actuacións do servizo no último ano. Paz destacou a importancia do persoal de emerxencias para o Goberno de Inés Rey, que este ano 2024 convocou oito novas prazas de bombeiro en quenda libre para o reforzo do cadro de persoal. Dende 2019, o Concello da Coruña convocou máis de 100 prazas de Oferta Pública de Emprego, entre quenda libre e promoción interna, das que catro foron para o S.E.I.S. (Servicio de Extinción de Incendios e Salvamento). 

De acordo cos datos presentados, este ano 2023 rexistráronse un total de 554 intervencións urxentes. Os Bombeiros da Coruña chegaron en 10 minutos ou menos a 395 das intervencións, o que supón tres de cada cinco servizos de urxencia. Ademais, 2 de cada 5 (un total de 227) foron resoltas en 7 minutos ou menos. A edil trasladoulle os parabéns ao equipo de Bombeiros polo traballo e alentounos a seguir mellorando. "Os datos demostran que o noso servizo funciona ben e a pleno rendemento, máis debemos ser ambiciosos e seguir traballando para mellorar as cifras" sinalou.

Máis tempo adicado á prevención

A concelleira situou a prevención e a formación en emerxencias como un dos principais retos da administración local, poñendo en valor as actividades realizadas cos centros educativos da cidade así como na organización anual da Semana da Prevención, que este ano contou con 10 actividades programadas. "A pesares do mal tempo que tivemos este ano, as xornadas mantiveron unha grande afluencia de público, especialmente do público infantil" sinalou a edil.

Neste 2023, aumentouse nun 10% o tempo en actividades destinada á prevención, con 427 horas máis. No ano 2022 programáranse 290 actividades preventivas con 4.155 horas mentres que neste 2023 foron 375 actividades cunha duración total de 4.582 horas. "Ademais este 2023 programamos 71 simulacros de incendio, máis do dobre que o pasado 2022 no que se realizaran 33, o que da boa mostra da importancia que ten para nós a prevención en incendios". 

En materia de prevención, Paz destacou a oferta de formación gratuíta que impulsou o Concello o pasado ano para a prevención e actuación en caso de incendio a entidades veciñais e comunidades de propietarios.

Número de sinistros e tempo de reacción

Neste 2023, os Bombeiros da Coruña rexistraron 22 sinistros menos respecto ao 2022, con 1.901 sinistros fronte a 1.923 do anterior ano. A concelleira destacou a celeridade na mobilización do Servizo de Bombeiros dende que se recibe a chamada ate o punto do sinistro.

"Non só é importante o número de intervencións para valorar o traballo dos Bombeiros, tamén a calidade do traballo que este ano volve demostrar a súa capacidade e compromiso cidadá" reivindicou Paz. No 81,95% dos casos, os Bombeiros chegaron en 12 minutos ou menos e en menos de 5 minutos nun 16,43%. Ademais, o 65,07% dos sinistros resolvéronse en 60 minutos ou menos e máis da metade en 45 minutos.

Revisión e renovación de hidrantes

Na presentación, a concelleira reseñou a intervención dos Bombeiros na revisión dos hidrantes para garanter o seu correcto funcionamento, utilizando tres horas diarias de cada xornada nos distintos distritos. A concelleira destacou que se atopou menos lixo nos hidrantes aéreos que outros anos.

O Concello investiu preto de 150.000 euros no 2023 para o subministro e instalación de 100 hidrantes soterrados ou de arqueta coa súa sinalización vertical correspondente. Deles, 26 correspondíanse con hidrantes xa localizados, dos que 24 se desprazaron a unha nova localización non superior a 3 metros da actual e 2 non superior a 10 metros. Ademais, no marco do contrato, procedeuse á sinalización vertical de 150 hidrantes xa instalados.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión