Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de outubro de 2024

A proba, organizada polo Concello e a Federación Galega de Atletismo, contou con máis de 2.700 persoas inscritas das cales 2.205 correron co seu dorsal

Oukhelfen Abdessa e Katherine Ruth Tisalema, ouro na XVIII edición da carreira popular Coruña10

Fixéronse co podium cun tempo de 29:46 e 34:12 respectivamente

 Esta mañá tivo lugar a XVIII edición da carreira popular Coruña10 na Coruña. A pesares da chuvia, un total de 2.205 correron co seu dorsal a proba, organizada polo Concello e a Federación Galega de Atletismo, que contaba con máis de 2.700 persoas inscritas. Nas modalidades inferiores participaron preto de 500 de nenos e nenas.

Os cataláns Oukhelfen Abdessa, en categoría absoluta masculina, e Katherine Ruth Tisalema, en categoría absoluta feminina, foron os gañadores da competición este ano cun tempo de 29:46 e 34:12 respectivamente. A proba arrincou ás 10.00 horas desde a avenida da Mariña transcorrendo de inicio polo Cantón Grande, o Cantón Pequeno, Linares Rivas e a rotonda de confluencia entre a avenida do Exército e a rolda de Outeiro. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, dou a saída dos corredores e corredoras.

Nese punto, as e os corredores encamiáronse á glorieta da Casa do Mar  e posteriormente a estrada que bordea os peiraos de San Diego e Oza, dando a volta na rotonda dos estaleiros e correndo polo interior do Porto, a carón da lonxa, para regresar á rotonda da Casa do Mar e, xa finalmente, volver en dirección á Mariña, punto de meta. 

Oukhelfen Abdessa estivo acompañado no podio de vencedores polo portugués Paulo Barbosa e o galego Pablo Otero, mentres que Katherine Ruth Tisalema foi seguida da madrileña Paula Herrero e a bilbaína Mariam Benkert. A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, fíxolle entrega dos trofeos ás persoas gañadoras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión